Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz na Radiodifusión

miércoles, 29 de abril de 2009
Acaba de cancelarse en Santiago a exposición “Galicia pola radio” que dende o primeiro de marzo mantívose aberta na Fundación Caixa Galicia daquela cidade, coincidindo co 75 aniversario da radio na nosa terra e que recolle a travesía radiofónica na Comunidade desde 1933 á actualidade, na que se amosaban unha ampla colección de obxetos singulares e outras curiosidades recollidas de diversos materiais históricos das emisoras, de profesionais e coleccionistas relacionados co medio, como fragmentos radiofónicos, guións, micrófonos, aparatos históricos de radio, material gráfico… ”Galicia pola radio" servíu de viaxe sonoro e visual pola historia falada da nosa comunidade. Nesta ilustrativa e aleccionadora mostra estivo Foz presente a través daquela singular emisora que emitíu entre mediados dos anos 50 e primeiros dos 60 e que, coa financiación do concello, a Confraría de Pescadores e a Irmandade de Labradores (eran tempos moi pobres e só a solidaridade das persoas permitía superar certas carencias) construira aquel personaxe peculiar chamado Leopoldo Carro (ou “do retratista”) que fora tamén o primeiro en realizar excavacións no castro de Fazouro. Certo que nestas producírase un feito que por algún tempo trouxo de cabeza ó intrépido arqueólogo: cómo se explicaba que entre os achádegos (cerámicas diversas, rodas de muiño, moedas acuñadas do século I e outros contemporáneos) aparecese unha peza de moto Vespa…; ata que unha noite de viño e rosas os amigos confesaron que foran eles quen introduciran tan anacrónico obxeto entre os vetustos restos, voltando ó home o acougo e a tranquilidade. Na mostra figuraban algúns trebellos da emisora focega, fotografías e unha breve historia daquela sorprendente emisora na que, dirixida por César Rodriguez (Cesarín), colaboraban Pepita Pedreira (profesora no Instituto de Ribadeo, esposa do alcalde Pepe Beltrán); Luis Cordeiro, entón mestre na escola de Santa Cilla; Jhonni, que facía os deportes; Lolita Beltrán Castiñeira, a locutora titular, este cronista e algúns outros espontáneos... Dende o micrófono espallaba os seus versos a histórica poetisa focega Olimpia Pérez. ¡Qué tempos!... Deste xeito a vila de Foz aparece rexistrada nos anales da radiodifusión galega.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES