Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 10 de julio de 2024
Xa nin me queda Portugal

Menos mal que nos queda Portugal. Iso dicía eu sempre, polo cariño e achegamento que lle teño ós veciños. Pero dun tempo para acá, e en relación ó fútbol, recoñezo que quero que perdan. Síntoo, pero é a verdade. Por culpa de Cristiano Ronaldo. Non o aguanto, non o aturo! Nunca me caeu ben, e cada vez me cae peor. Recoñezo que foi e aínda é o mellor goleador do mundo. Digo goleador, que non digo xogador. Nin nas súas mellores épocas foi o mellor xogador (e sen meter polo medio a Messi); sempre puxen por enriba del, mesmo no Real Madrid, a Benzema e Modric.
Semella que seica é boa persoa con respecto a asuntos humanitarios ou axudas benéficas. Pingas de OrballoO que non aguanto del é a súa propia personalidade nun campo de fútbol. Véxoo chulo, prepotente, egoísta, mal compañeiro e créndose un divo. Os seus xestos parécenme demasiado rebuscados e teatrais. Cada vez que marca un gol chama ós seus compañeiros para que vaian a abrazalo, mentres que cando marca un dos seus nótaselle ás leguas unha certa contrariedade e sorrisos forzados, sendo case sempre o último en formar piña cos do seu equipo.
Entendo que ó ter un mal concepto del, a miña empatía non coincida para nada coas súas bágoas ante o penalti fallado contra Eslovenia. Para os que o queren e para os periodistas que o adulan, foi un xesto humano. Para min, ese home que vai facer 40 anos, actuou para chamar a atención. O seu egocentrismo estaba en querer ser consolado, en que non o crucificasen en caso de non pasar a eliminatoria. Así, como humano que é, todo se lle perdoa. Menos a Lunin e outros cantos que, ante os fallos, van á reserva. Sen Ronaldo seguiría co menos mal que nos queda Portugal. Con Ronaldo... oxalá pase España todas as eliminatorias para non verme na tesitura de escoller.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES