Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 09 de julio de 2024
Na circunferencia dun soño

Sento porque veño canso. Canso de non facer nada. Ás veces, a preguiza cansa moito. Espero polo café. Mentres espero, outeo os arredores e o horizonte. Á miña esquerda, uns pardais que ben se ve que andan a velas vir, ó que pillen, desde mosquitos ata migallas de bicas. Á miña dereita, un home cunha revista que me dá que é de moda (a súa man cobre o nome da publicación), xa que na parte inferior da portada asoma unha foto na que se ven as coxas dunha muller e, entre eles, un bolso dunha cor que non sei descifrar moi ben. Un servidor, fóra das cores esenciais de toda a vida, non sabe ir máis alá. Pingas de OrballoTamén é verdade que a vista non se detén moito no bolso. A vista, logo de contemplar o bonito, é dicir, as coxas, outea o horizonte para ver como o ceo está todo azul, a excepción dunha pequena nube branca que está case máis alá do infinito.
Chegou o café e, mentres remexo para que o azucre se disolva ben, penso na circunferencia dun soño. Ese soño que dá voltas e reviravoltas buscando unha saída propicia para atoparse cunha realidade que... vai ti saber. Pode ser bonita, pode ser traidora ou pode ser indiferente.
O mesmo home da revista pasa follas e contemplo outra foto na que unha muller (intúo que é a das coxas e o bolso) viste de branco, de noiva. De esguello si aprecio que o vestido da noiva é precioso e a propia noiva ou modelo (por aquilo de se a revista trata de moda) quita o impo. O home, de súpeto, quítame tal visión porque cerra a revista de golpe e ergue coma un lóstrego da mesa. Entendo as súas présas ó ver que se detén un coche para recoller a tal individuo. Eu, xusto acabo o café e vou facer coma el: erguer coma un alustro e marchar. A ver se a preguiza me deixa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES