Viaxe de ida e volta
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 11 de julio de 2024
Realmente a vida podemos comparala cunha viaxe de ida e volta.
Chegamos a esta vida sen pedirnos permiso e un día máis ou menos próximo facemos a viaxe de retorno sen dereito a reclamación.
Estamos programados para volver á orixe.
A nosa orixe é a eternidade e o noso destino, tamén.
Mentres non chega o momento do retorno pasamos por este mundo terrenal facendo multitude de viaxes.
Partimos dun centro de referencia como é o noso fogar e desde el ímonos desprazando para realizar a misión que temos encomendada: a nosa realización persoal.
-IMOS PARA A ESCOLA POLA MAÑÁ E VOLVEMOS POLA TARDE.
Cando imos levamos unha misión que cumprir e o remate da xornada volvemos ó fogar para ter que repeti-la operación durante a nosa etapa de fromación. Así, tódolos días: ida e volta
-IMOS Ó NOSO POSTO DE TRABALLO E VOLVEMOS Ó FOGAR.
Así cada día durante an nosa vida laboral.
E feliz o que ten traballo que, según Santa Teresa de Calcuta, é o mellor entretemento.
Pobre do que non o ten, que de rendas viven moi poucos.
-IMOS A FACE-LA COMPRA E VOLVEMOS PARA A CASA.
Compramos hoxe, compramos mañá, compramos e consumimos e así tódolos días.
-IMOS DE VIAXE E TEMOS QUE ACORDARNOS DE VOLVER.
Cando imos, imos encantados e cando volvemos, volvemos felices e cansados; pero xa pensando cando poderemos repetir.
-HIXIENIZÁMONOS E Ó POUCO TEMPO VOLTA A REPETIR A OPERACIÓN: estamos manchándonos e hixienizándonos constantemente. Sempre a mesma canción.
-FACEMOS LIMPEZA DA CASA para ter que repetila con certa frecuencia e así ó longo de toda unha vida.
-COMEMOS A MEDIODÍA e repetimos a operación á noite e así tres veces ó día e tódolos días da nosa vida.
-PASA UNHA XERACIÓN QUE GOZA DE PROSPERIDADE; pero a seguinte ten que volver a empezar a súa propia vida.
E así pasa con todo o perecedeiro.
Nada material hai duradeiro nesta vida.
E AÍNDA HAI MÁIS:
Nacemos sen nada, pasamos a vida acumulando bens e ó remate, deixamos todo: viaxe de ida e retorno.
Estudiamos para acumular coñecementos e decatámonos de que cada vez, sabemos menos.
Nacemos sós, pasámo-la vida rodeados de persoas e morremos sós: viaxe de ida e volta.
¿MERECE A PENA LOITAR POR BENS PRECEDEIROS?
Claro que si; pero dando a cada cousa o seu valor relativo.
Gañarse o pan de cada día é unha necesidade e tamén un deber vital.
Ter o necesario para levar unha vida digna, tamén é moi humano.
Acumular bens pensando que lle imos deixar a vida resolta ós que veñan detrás: grave erro.
Cadaquén ten o deber de gañarse o pan coa suor da súa fronte.
O que non costa, non se valora.
¿QUÉ LEVAREMOS NA VIAXE DE RETORNO FINAL?
-Todo canto ben fixemos.
-Todo o amor que repartimos.
-Todo canto nos esforzamos por mellorar a calidade de vida dos que nos redearon no camiño da vida.
-Toda a felicidade que demos e todo canto axudamos a ir polo bo camiño.
¡POR QUE E PARA QUE?
Porque fomos creados para esa misión de ser felices e facer felices ós demais.
Para ser felices, hai que amar canto máis, mellor.
Alguén leva conta de todo.
Din os que non cren en Deus, que algo hai.
Ese Algo é Alguén, a quen ninguén viu porque é Espírito que está presente en todo.
Leva conta de todo e, por eso: nada cae en saco roto.
Somos criaturas divinas que estamos destinados á eternidade.
O Ser que nos regalou a vida, regalóunola para sempre porque a vida é moito máis que o alimento material.
Somos limitados, sí; pero non todo acaba aquí.
O noso corpo morre, pero a alma, non.
"LIMITADOS, PERO ETERNOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora