Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O fútbol é impredecible

lunes, 08 de julio de 2024
O ftbol  impredecible Pensaba eu que o fútbol español acababa de acometer unha fazaña eliminando a Alemaña na súa propia casa e resulta que non, que como quixotes que somos, agradecémoslle tal fazaña á man de Cucurella, ó penalti non pitado polo árbitro inglés. Para unha boa parte do "sector madridista" aí estivo a eliminatoria e non na obrigada expulsión de Toni Kroos ó principio xa do encontro (repito, ó principio). Seguro que os alemáns, no fondo, recoñecerán que o árbitro os salvou non expulsando por dobre amarela (a entrada a Pedri xa case é vermella directa) ó seu xogador, e, non obstante, só falan da man de Cucurella. Aquí non, aquí somos tan legais que imos máis alá do quixotismo.

Sobre a man de Cucurella hai que dicir dúas cousas: que segundo lin no Marca (madridista a tope) a UEFA puxera normas especiais referentes ás mans dentro da área, e segundo tal organismo esa de Cucurella non é penalti. É dicir, non foi fallo do árbitro. Esa norma deberían sabela, e seguro que a saben, todos as seleccións. O segundo punto, aínda que fose penalti, este viña precedido dun fóra de xogo. Así é que, ese "sector madridista" que empece a cambiar de opinión porque non leva razón.

No partido do venres viuse ás leguas o que significa ser país anfitrión e ser, certo, unha institución coma xogador. Como ás primeiras de cambio un árbitro vai expulsar a todo un Kroos no seu propio país! E nos primeiros minutos! Mellor deixar seguir a cousa e aquí paz e despois gloria. Gloria para os alemáns, claro. Menos mal que o fútbol é certo que ten as súas cousas: unhas veces pon a cada un no seu sitio e outras é cruel ata máis non poder. Exemplos hainos nese propio partido: estamos a piques de ganalo e marcan no minuto 89, estamos a punto de ir ós penaltis e marcamos no minuto 119; os alemáns só nos fixeron dano de verdade mandando balóns á área (porque son máis altos e máis guapos), e, nós, de chulos, mandámolos á casa cun gol de cabeza (por certo, un golazo).

O fútbol si é verdade que ten o seu aquel. O seu aquel marabilloso, impredicible. Cantos goles se marcaron nos últimos segundos en varios partido? O porteiro portugués, Diogo Costa, no partido de oitavos parou tres penaltis seguidos. O sábado, en cuartos, contra Francia, metéronlle os cinco. De la Fuente creo que non realizou ben os cambios (atacando como atacaba Alemaña debeu deixar a alguén rápido adiante, por exemplo, Nico Williams), pero ó final acertou. O dito: impredicible.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES