Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (6)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 16 de julio de 2024
VIII. Rituais e ofrendas.
O ser humano dende sempre estivo suxeito a unha serie de perigos e vicisitudes. Por tal motivo levaba a cabo unha serie de rituais e ofrendas coa finalidade de que as diferentes entidades sacras sentisen compaixón e fosen propiciatorias.

Hoxe os devotos, que acoden a esta capela, fano para suplicar do santo a concesión dun pedimento ou ben como mostra de gratittude por un ben acadado. Tanto nun caso como Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (6)noutro realizan varios rituais e ofrendas, que poden estar máis ou menos ligados cunha liturxia oficial ou popular.

Así, hai anos, os devotos para acceder ao espacio sacro viñan andando e, tamén, en eguas e cabalos; ademaís, algúns facían o último tramo de xeonllos, xa que era un signo de sumisión e purificación, baseado na mortificación física, algo que se está erradicando paseniño. Na actualidade, os devotos adoitan vir en coches propios ou dalgún amigo ou familiar. No obstante, algúns veñen andando dende os seus lugares de orixe. O camiñar constitue unha forma sinxela de purificación e mortificación corporal.
Xa no santuario, os fieis cumpren cos dous rituais, de carácter oficialista, como son a misa e a procesión.

VIII. 1. A Misa
Noutrora, tanto o día 24 coma o día 25 o párroco e algúns cregos da contorna oficiaban varias misas ao longo da mañá e primeiras horas da tarde. Logo, entre as 13,30 e 14 horas concelebrábase unha misa solemne na que participaban varios cregos. Hoxe, o párroco ou ás veces un crego (1), que fai ás veces de párroco oficia unha misa ás 13 horas. No ano 2023, esta misa foi oficiada polo párroco de O Corgo, D. Oscar González Murado, crego que goza de moitas simpatías na contorna. Houbo bastante afluencia de devotos, ata o punto que algúns deles tiveron que oir a misa dende o exterior.

VIII. 2. A Procesión
Ao rematar a misa solemne tiña lugar a procesión. Algúns devotos, case sempre da freguesía, sacaban nas andas as imaxes do San Bartolomeu e a imaxe mariana do Carme Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (6)ata a "Campa", situada fronte a "Casa do Rizo", ou ata a "Cortiña do Campo", situada un pouco máis abaixo, dependendo de onde se realizase a "festa profana". Detrás das imaxes ían os cregos concelebrantes, algúns músicos e devotos en xeral, colocadados sen distinción de idade e sexo.

No ano 2013, logo da misa oficiada ás 13 horas (2), saiu a procesión disposta do seguinte xeito:
En primeiro termo, ía unha cruz parroquial, portada por un fregués da comunidade. Logo, as diferentes imaxes do San Bartolomeu (3) e a imaxe mariana do Carme foron sacadas en procesión nunha carruaxe, levada por dous devotos na súa parte anterior e dúas devotas na súa parte posterior. Esta carruaxe foi construída por Carme Pardo Vinanoba (4). As procesión en carros enfeitados e carruaxes e moi habitual nos "Santuarios marianos do municipio de O Saviñao" (5). A procesión ten como finalidade proxectar as manifestacións sacras fora do recinto sacro, santificando o espacio circundante. Adoita ser calificada como "grandiosa", "solemne", "majestuosa", "de gala" (6).

NOTAS:
1. Segundo Carmen Pardo Vilanoba, da "Casa do Rizo" unha das imaxes, atraibuídas ao San Berto, ela dice que representa ao San Gabriel.
2. Xa dixemos que neste ano encargouse de oficiar a misa o párroco de O Corgo, D. Oscar González Murado.
3. Tamén chamado San Berto polos devotos e fregueses asistentes.
4. Pertencente a "Casa do Rizo" de Abragán.
5. BLANCO PRADO, José Manuel:" Os Santuarios Marianos do Municipio do Saviñao (Lugo)", publicado en Rev. Croa, nº30, 2020, paxs. 69-87.
6. LADRA, Lois: Religiosidad Popular e Mitos Fundacionais no Douro Transmontano, Vila Real (Portugal): Cámara Municipal de Vila Real, Caderno Cultural, nº24, IV. Serie, páx. 79.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES