Deo gratias, Dómine.

Oración de S. Tomás de Aquino
Gracias te doy, Señor santo, Padre todopoderoso, Dios eterno, porque a mí, pecador, indigno siervo tuyo, sin mérito alguno de mi parte, sino por pura concesión de tu misericordia, te has dignado alimentarme con el precioso cuerpo y sangre de tu unigénito Hijo mi Señor Jesucristo.
Grátias tibi ago, Dómine, sancte Pater, omnípotens ætérne Deus, qui me peccatórem, indígnum fámulum tuum, nullis meis méritis, sed sola dignatióne misericórdiæ tuæ satiáre dignátus es pretióso Córpore et Sánguine Fílii tui, Dómini nostri Iesu Christi.
Señor, que xa me estaba pasando desapercibido:
Eu son fillo de María, que así llo dixeches a Xoán desde a cruz. (Xoán 19, 25-27). "Ó pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, máis María a Magdalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai: -Muller, velaí o teu fillo. Despois díxolle ó discípulo: -Velaí a túa nai. Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el". Como Xoán representa aos crentes, todos estes quedan / quedamos constituídos fillos de María. ¡Agora xa sei que teño dúas nais no Ceo., a Virxe María e maila señora Irene Vilabella!
Deus admitiume no catolicismo grazas a meus padriños, que así llo pregaron ao Bautizado do Xordán. ¿Onde? ¡En Montecubeiro, nesta pía que, por considerala fea, os veciños deixárona de peza de museo, no pórtico; pero eu levo comigo o seu retrato, de agradecido que lle estou:
Que a cegoña nos trouxese con XX séculos de consolidación organizativa da Igrexa Católica tamén foi unha boa lotería, pois aínda que falte o de ordenar ás mulleres, en moitísimas cousas déronos un organigrama fiel e axeitado aos tempos que corren.
Outra é que vir, entrar, aparecer, nesta cultura avanzadísima, con algúns capítulos tachables, é certo, pero tamén ten outros..., digamos que, a Deus gracias, intachables!
E por último, o cumio da fortuna, que está en criarse, en educarse, cunha familia e nun ambiente de arraigado catolicismo.
Por tantas cousas, e todas boísimas,
¡Deo gratias!
-.-
As metáforas do Xénese
Aínda o Mestre tivo que utilizar metáforas, co avanzada que xa ía a cultura xudía, así que no Antigo Testamento témolas a granel, obviamente.
O Xénese, ¡que ben o di a Biblia de Sept!, fai pasar diante dos ollos algúns modelos de homes (Adam e Eva, Caín e Abel, cainitas e xetitas, humanidade antediluviana, e Noé, a humanidade babélica), para dicirnos cal é a nosa condición (envolvemento no mal e no pecado) e cal a nosa esperanza (promesa e sinais de salvación). Non entremos, pois, en conflito cos acercamentos teolóxicos ou ideolóxicos, que estes deben respectar, primeiro, o coñecemento histórico e lingüístico dos textos para así producir unha boa teoloxía.

O Mestre, Xesús, falounos en metáforas porque a cultura de entón aínda estaba verde, non admitía profundar tanto coma a que temos hoxe; ¡pois con toda razón no Xénese, pero con iso e con todo ben que sentou as bases do catolicismo! O propio mestre díxolle á xente daquela época: "Xoán, 5,39). Estudiáde-las Escrituras, coidando que nelas tendes vida eterna, pois esas son as que testemuñan a favor miña". A vida de Xesús, ¡xerar nada menos que un Fillo para que fose o noso Mestre!, latiu a través dos tempos, pero, o que xa dixen, era necesario un certo nivel cultural, mental, de relativa aceptación para que o pobo escollido discernise sobre a súa mensaxe redentora, salvífica. A burremia do mal, a perda de facultades motivada polo pecado, gravísimo, soberbia en acción, insubordinación ao Xefe Supremo, ao noso Creador, daqueles Avós tan desagradecidos, co seu albedrío envelenado polo propio Lucifer, foi moi grande, séxase, embrutecedor. Isto é lóxico, e por conseguinte a presentación mesiánica daqueles libros non o fixo tan mal ao ir preparándonos para o Gran Día, para o Día de Belén.
Os Rebeldes aínda seguen rebeldes, utilizando a humanidade como carne de canón fronte a Deus; por algo Xesús, sempre providencial, nos mandou pedirlle a Deus o seu amparo, "...E non nos sometas á tentación, (non nos deixes caer nela), mais líbranos do Malo. (Mateo 6, 13)".
... Gómez Vilabella, Xosé M.