Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (5)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 16 de julio de 2024
Erros e errantes

Os católicos, coma os ricos, sabedores, ou informados, de que o temos todo, de chegados á xeración dos netos dámonos ao pasotismo, ¡a vexetar, a folgar e a tragar sapos e cobras, tódolos vicios e tódolos disparates que nos endelguen catro pillos ou catro necios do noso arredor, de parte de Satanás, por suposto! ..., acabando na pobreza, maiormente na espiritual. ¡Coitados!


Comezarei con esta información traducida do Internet: As 5 setas cristiás máis raras (e máis disparatadas) da antigüidade.

Desde a súa orixe a cristiandade acumulou, pouco a pouco, unha gran cantidade de fieis e de setas, aínda que sempre houbo diferencias teolóxicas entre os bandos. Tamén tivemos unha enorme maioría que mantivo certa unidade de pensamento, dirixida polos bispos de Roma.

Durante a súa evolución consolidouse como relixión oficial en tódalas provincias do decadente Imperio romano, e tamén xurdiron escritores que desenrolaron a teoloxía da relixión e que se defenderon ante as abundantes ideas pagás. O xudaísmo é testemuña de como esta seta se separou da relixión de Abraham e se fixo autónoma.

Aínda que as persecucións de cristiáns ocorreron historicamente, en realidade non tiveron a magnitude tráxica que moitos quixesen crer, senón que foron, polo xeral, asuntos locais e restrinxidos.

1 Ofitas. Chamados así porque adoraban as serpes; xa existían desde tempos de Xesús Cristo como unha pequena seta en Exipto. Aceptaron posteriormente o cristianismo, fusionándoo con teosofía oriental, budismo e platonismo. Para eles a serpe que ocasionou a caída de Adán e de Eva non era malvada senón unha heroína que os librou dunha prisión deseñada polo deus Laldabaoth (fillo do caos). Este último, crían, era un ser único; súa nai era nada menos que o eón Sofía (a intelixencia), quen usou a serpe para arruinar os seus delirios de grandeza e invitar á Eva a comer do froito prohibido. Durante a cerimonia da eucaristía os seus seguidores liberaban a unha serpe na mesa da comuñón.
2 Cainitas. Seta agnóstica que xurdiu no século II no Este do Imperio romano; a súa característica principal foi venerar a Eva, Caín, e Xudas Iscariote. Na súa versión, o Deus do Antigo Testamento era en realidade un demo que arrebatara o principio divino dos mortais, apartándoos do Deus verdadeiro. Caín sería un dos seres primordiais, que fora vítima do diabro, mentres Xudas gardaba toda a verdade agnóstica de Cristo.
3 Montanismo. Xurdiu a mediados do século II na rexión de Frigia, península de Anatolia, actualmente Turquía. O seu nome deriva de Montano, sacerdote pagán adscrito ao culto da deusa Cibeles, convertido ao cristianismo e bautizado no ano 155. Montano declarábase posuído polo Espírito Santo, e comezou a dicir "profecías" no seu nome. Ao pouco tempo uníronselle dúas mulleres, Prisca e Maximila, discípulas que tamén profetizaban. Aínda que naquela época os "profetas" abundaban, Montano e os seus compañeiros foron sobresaíntes; distinguíronse por profesar contra a facilidade coa que a Igrexa perdoaba os pecados e o modo nos que se adaptaba ás esixencias da sociedade. Segundo Montano, con el terminaba unha etapa de revelacións, e tras da súa morte viría a fin do mundo. O montanismo estendeuse por toda Asía Menor, alcanzou a Roma e ao Norte de África. Foi tan grande a súa influenza que esta seta chegou a organizarse xerarquicamente; as mulleres podían obter cargos de bispos, presbíteros e diáconos. No seu momento chegou a considerarse como o rival máis perigoso para a Gran Igrexa.
4 Basilidianos. Seguidores de Basílides de Alexandría. Esta seta en realidade xa fora fundada no século II polo fillo deste, chamado Isidoro. Autoproclamado discípulo do Apóstolo Matías e dun compañeiro do Apóstolo Pedro, estendéronse principalmente por Exipto e pola península Ibérica. Proclamaban que as paixóns foran chamadas "apéndices", unha especie de espíritos que tomaban posesión da psique racional, ás que se lles unían espíritos de animais, plantas e minerais, que embrutecían ás persoas. Os basilidianos crían que existían cinco eóns -períodos nos que se atopa dividido o tempo da terra desde o punto de vista xeolóxico e paleontolóxico- principais: a mente, a palabra, a intelixencia ou prudencia, a sabedoría e o poder; destas dúas últimas xurdían 365 paraísos en orde descendente, que en conxunto formaban o Abraxas; o deus hebreo vivía no nivel máis baixo e creou un mundo ilusorio onde puxo a vivir aos homes. Para levar o coñecemento e liberalos enviou a Cristo (a mente).
5 Carpocratianos. O filósofo e teólogo Carpócrates ensinaba que o mundo fora creado polos arcontes, unha casta especial de seres que escravizara a alma dos homes. A alma de Xesucristo, sen embargo, foi a única capaz de vencer as paixóns promovidas polos arcontes para corromper aos homes. Só os iluminados, os carpocratianos, podían chegar a posuír poderes celestiais. Os carpocratianos crían na reencarnación, e dicíase que procuraban ter toda clase de experiencias, incluso a promiscuidade sexual, pois afirmaban que a reencarnación terminábase unicamente cando se esgotaran tódalas experiencias posibles. Acadou gran popularidade arredor do ano 155, e sábese que os carpocratianos veneraban imaxes de Cristo, Pitágoras, Platón e Aristóteles.

-.-


Coas sucesivas non sigo pois con estas xa temos un abano de disparates, ¡de inventos!, duns cantos contistas que se endeusaron con todo luxo de patrañas. ¡A incultura foi un instrumento satánico, e aínda queda moito dela, precisamente por culpa do pasotismo católico, pois temos, e seguimos, coa nosa Biblia na trasteira!

¡Que favor lle fixeron / e lle facemos a Satanás todos aqueles que tiveron / e que tivemos a sorte de coñecer a verdade..., pero, e aínda así, non nos molestamos en predicar, en divulgala, tanto coa palabra coma cos feitos!
-.-
Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (5)
A ética tamén é estética,
se facemos un bo uso dela!

Ética. s. f. 1 Ciencia da moral e do comportamento humano. 2 Adecuación da conduta a unhas normas de comportamento consideradas xustas. ¿Vale, lúcenos, danos prestixio, ademais de que sexa unha boa sementeira utilizala acotío? ¡Pois, se vale, usémola!

Ética procede do grego ethos, que quere dicir costume, hábito, unha maneira de facer e de adquirir as cousas. Non, non é un privilexio dos galegos exercer esas boas maneiras, pois tamén a teñen polo mundo adiante, pero non sempre é mellor cá nosa. Os da RAE a este "vocablo" danlle unhas cantas acepcións, pero coa seguinte xa podemos ter claro este concepto: "Conjunto de normas morales que rigen la conducta de la persona en cualquier ámbito de la vida". Así que, desta virtude non se libra ninguén.

A curmá da ética é a moral, que no noso dicionario tamén é asunto complexo. Adx. 1 Relativo á bondade ou maldade dos costumes, actos e pensamentos humanos. / s. f. 2 Conxunto dos costumes e opinións éticas dun individuo ou dun grupo social. 3 Conxunto de normas de conduta consideradas universalmente válidas. 4 Parte da filosofía que se ocupa dos problemas relativos á conduta do ser humano na súa vida social e persoal. 5 Estado de ánimo para afrontar dificultades.

Así que, o católico móvese, e actúa, con tres tipos de mandamentos: Aqueles de Moisés, explicados polo propio Mestre. (Repasemos a Mateo, no seu 22, 36-40: "-Mestre, ¿cal é o mandamento máis importante da Lei? El respondeu: - "Amarás ó Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento". Este é o mandamento primeiro e máis grande. O segundo é semellante a el: "Amarás ó teu próximo como a ti mesmo". Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mailos profetas). Por engado, son auxiliares das normas relixiosas a ética e maila moral.

Temos unha definición aclaratoria, moi clariña, moi boa, do filósofo José Antonio Marina, que nos di: "A moral é o sistema normativo dunha sociedade, así que hai tantas morais como culturas: moral católica, protestante, musulmá, confuciana, budista, nazi, soviética, etc. Encanto á ética, esta significa "moral transcultural"; séxase, o conxunto de normas universais que transcenden as peculiaridades culturais".

Para máis aclaración: A ética pode ser definida como o estudio da moral, séxase, a teoría racional de como actuar en sociedade. A moral é a forma en que actuamos, o comportamento, o hábito. Daquela, a ética ten que ver máis coa teoría, e a moral coa práctica.

Rapaces, lectores: Todo isto xa nolo explicaron na escola, pero non está de máis darlles un repaso aos temas importantes para un vivir positivo, construtivo e decente, ademais de docente. Cando eu ía ao Catecismo parroquial, o meu Cura sempre remataba dicindo: "¡Felicidades para todos, tantas como para min desexo!". ¡Pois iso!.
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES