Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (4)
Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 12 de julio de 2024
Se nos confesamos cristiáns...
Iso; se ademais de selo, predicamos...; hai que dar exemplo, hai que ser exemplares. Como cristiáns temos que dar por sentado que debemos actuar conforme aos Evanxeos, non por unha comprensión perfecta dos mesmos, ¡que non todos fomos ao Seminario!, senón por fe en que son a palabra inspirada por Deus; así, o que non sexamos capaces de contestarnos a cantas preguntas se nos ocorran non deberá sorprendernos nin preocuparnos; sería tan só un indicativo da limitación intelectual inherente á condición humana. Meditemos: Pretender interpretar a vontade de Deus é un pecado de soberbia; o que temos claro, todos e sempre, é a bondade de Deus!
Dunha homilía de Fr. Santiago Agrelo, Arcebispo emérito de Tanxer:
"Está dicho desde el principio: En ese espacio sagrado que formáis los que sois de Cristo Jesús, en esa construcción de la que sois piedras vivas los bautizados en Cristo Jesús, junto con Cristo Jesús, "piedra angular, elegida y preciosa", vosotros ejercéis un sacerdocio santo, un sacerdocio real, por el que todo en vuestra vida es ofrecido como sacrificio espiritual agradable a Dios.
"No pienses, hermano mío, hermana mía, que en esta hora de la salvación hay lugar para templos de piedra con altares de piedra sobre los que hacer a Dios ofrendas substitutivas de la propia vida. En esta hora sólo hay lugar para un templo espiritual, para la comunión con Cristo Jesús, "piedra viva rechazada por los hombres"; sólo hay lugar para el ofrecimiento de nosotros mismos con Cristo Jesús, para nuestra obediencia de hijos con Cristo Jesús, para que ofrezcamos un culto espiritual con Cristo Jesús.
"Por eso Jesús dijo de sí mismo: "Yo soy el camino y la verdad y la vida"; pues no tenemos otro camino para ir a Dios si no es Cristo Jesús, no tenemos otro modo de ofrecer culto agradable a Dios si no es entrando en la construcción de la que Cristo Jesús es la piedra angular, no tenemos otro modo de andar en verdad si no es ofreciéndonos con Cristo Jesús, no tenemos otro modo de entrar en la vida si no es obedeciendo con Cristo Jesús, si no es siendo uno con Cristo Jesús.
"Sólo entonces, cuando tu vida es el culto que ofreces a Dios por medio de Jesucristo en la unidad del Espíritu Santo, sólo entonces se te llena de verdad el culto que ofreces con todos los hermanos en el sacramento de la Eucaristía".
-.-
Non hai páxina na Biblia que non sexa ilustrativa da perfección divina; pero fagamos, de entrada, como iniciación, un espigueo da mesma:
Deuteronomio 32, 4: Proclamación da xustiza salvífica de Deus. Aclamade: a grandeza é do noso Deus. El é o Penedo, a súa obra é perfecta. Si, tódolos seus vieiros son xustiza. É o Deus da fidelidade e non hai nel inxustiza. Xusto é recto é El.
Mateo 5; e Mc 9,50; Lc 6, 20-23; 14, 34-35. Anuncio da verdadeira dita.... ensinábaos dicindo: -Ditosos os que teñen espírito de pobres, porque deles é o Reino do Ceo. Ditosos os que choran, porque eles serán consolados. Ditosos os non violentos, porque eles herdarán a terra. Ditosos os famentos e sedentos de xustiza, porque eles ficarán fartos. Ditosos os misericordiosos, porque eles serán tratados con misericordia. Ditosos os de corazón limpo, porque eles verán a Deus. Ditosos os que traballan pola paz, porque eles serán chamados fillos de Deus. Ditosos os perseguidos por causa da xustiza, porque deles é o Reino do Ceo. Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós.
¡Oh, vaia programa electoral; e aínda así hai electores que votan polo mal, que votan por Satanás!
Romanos 11, 33-36: ¡Que fondos son a riqueza, a sabedoría e mailo coñecemento de Deus! ¡Que inescrutables son os seus xuízos, e inexplorables os seus camiños! Pois, ¿quen coñeceu a mente do Señor? Ou, ¿quen foi o seu conselleiro? ¿Quen lle emprestou algo, para que El llo teña que devolver? Del saíron, por El e para El existen tódalas cousas. A El a gloria, polos séculos. Amén.
¡Vaia Xefe que temos os cristiáns, e aínda así hainos que queren desertar? ¡Pobriños; hai que ter dó deles, e sacalos da súa ignorancia!
-.-
Oración de la Fe
Este "credo", en castelán, que non o paso ao galego porque as traducións poden resultar imperfectas:
Yo creo, Señor, en Ti
que eres la Verdad Suprema.
Creo en todo lo que me has revelado.
Creo en todas las verdades
que cree y espera mi Santa Madre
la Iglesia Católica y Apostólica.
Fe en la que nací por tu gracia,
fe en la que quiero vivir y luchar,
fe en la que quiero morir.
-.-

Gómez Vilabella, Xosé M.