Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luísa Villalta máis alá do 17 de maio

Sampedro, Pilar - viernes, 05 de julio de 2024
Creo que ademais do pouso que queda despois da lectura da súa escrita hai uns aspectos que resultan destacables. Vexamos algún deles:

É a sexta muller á que se lle dedican as Letras Galegas despois de Rosalía de Castro, Luísa Villalta máis alá do 17 de maioFrancisca Herrera, María Mariño, Mª Victoria Moreno e Xela Arias.

Coincide con Xela Arias no tempo e na morte en mocedade, igual que con Lois Pereiro. Isto condúcenos a unhas imaxes da autora de plena actualidade e dun cosmopolitismo digno das grandes iconas internacionais. Recoñecémola cunha beleza moi especial e unha fotoxenia moi destacable. Unha imaxe fermosa que gustamos de atopar nas paredes, nos medios de comunicación ou nas cubertas dos libros.

Literata e música. Pode que unha disciplina como a musical poda explicar unha produción literaria da magnitude da que presenta esta muller que tivo a profesión de docente e que no campo da creación  traballa a poesía pero tamén o teatro, a narrativa, o ensaio, os artigos de opinión e as traducións e que nos entrega unha obra abundante e de calidade. Isto é tan evidente que cando Maribel Longueira lle entrega as fotografñias da desfeita do barrio do Papagaio na Coruña para que escriba algún texto ao redor delas, aos poucos días devólvellas cunha manchea de poemas que xa completan o libro, que non vai precisar ningunha outra intervención poética. Unha escritora á que ningún xénero lle resultou alleo e en cada un deles foi prolífica.
Non foi unha afeccionada que tocaba o violín de vez en cando senón que formou parte das orquestras de Santiago, na Xove Orquestra Galega e en grupos de cámara pero tamén no grupo folk Escanio. A relación con este ámbito pode achegar claves en relación a unha poesía conceptual, filosofica, racional ou de pensamento pero tamén cargada da emoción que lle depara unha voz propia e única. Da súa poesía escribiu Álvarez Cáccamo que se expresa "desde a perspectiva do suxeito colectivo -na que se integra a do eu singular-, dos formatos de vontade épica e dunha expresividade austera, de verbalización moi controlada". Unha poesía de gran orixinalidade que nos envolve neste 2024 e vai ficar ecoando polo país adiante. Unha escrita que fala da música en relación coa literatura, que reflexiona sobre esa interacción coo pode verse en títulos como Ruído, Concerto para un home só, Siléncio, ensaiamos, O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas partes na historia da literatura galega, A lingua dos sons, A Música e Nós...
De Galicia hai que falar porque a súa foi unha vida comprometida coa identidade desta terra, coa lingua e a cultura, coa defensa fronte á Marea Negra, coa reivindicación da memoria histórica ou do feminismo... formando parte de asociacións, asinando declaracións e apoios. Un compromiso que levaba o selo do país e das grandes causas, unha das derradeiras foi a participación en Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina que ben podemos lembrar nestes tempos, dúas décadas máis tarde.
Chámanos a atención que ademais de nas reportaxes dos medios de comunicación e as entrevistas ás persoas que a coñeceron e que se poden adiviñar detrás dos textos que proliferan no ano das Letras sobre a autora, neste caso, encontramos obras que realmente recollen as voces das compañeiras e amigos que a acompañaron, das coetáneas. Así pode verse en Abonda con vivir. Luísa Villalta de Montse Dopico (un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu), en Así vou eu, formando parte de Eva Veiga e Pilar Pallarés ou en Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta da editorial Laiovento.
Sesenta e dous ilustres máis tarde (dende o 1963 ao 2014 e contando con que nun dos anos foron homenaxeados os tres trovadores da ría de Vigo) a vara máxica tocou a Luísa Villalta. Estremeceuse o país e irou para o ollo de deus, ese faro romano que esperta a cidade alta da nosa poeta.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES