Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Navegar con Fausto

Santalla, Iago - miércoles, 10 de julio de 2024
Este xullo empezou perdendo. Perdeu novamente un cantor de auga fresca, aínda que el fose máis de salitre e argazo. Lisboeta de nacemento e cantor de profesión, déixanos poemas inesquecibles que espertan a alma e acougan o corazón.
Probablemente, a cantiga máis transcendental en Galicia, sexa "Rosalinda", que tivo certa influencia nas loitas contra a celulosa en Pontevedra. Como a vida é como é, o autor da "Rosalinda" vaise nun momento clave para o Ulla que loita contra un monstro moito máis fero e maligno. O caso é que a "Rosalinda" sempre foi con nós, xunto con outras cancións que emerxían do trono das augas que sempre inspirou a Fausto.
Non era cantor de calar, nin da metáfora excesiva, máis ben era un cantor de claridade que nunca se privou en poñer negro sobre branco unha realidade sedenta de pentagramas para ser cantada. Así naceu a "madrugada dos trapeiros" na que moitos ao escoitar falar a determinada xente, recorremos para pensar aquilo de...
Eu não quero o que tu queres,
eu não quero o que tu queres,
eu não quero o que tu queres,
Que eu sou doutra condição,
que eu sou doutra condição.

Cando morre un cantor, agroma ese perigo de que o poder campe sen protesta. Por iso, séntese unha magoa particular que é agradecemento, amor e orfandade. Fausto deixa un baleiro fondo que se recolle nun desexo: que na súa música siga nacendo seres críticos que recollan dela azos para cambiar o mundo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES