Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xeometrías perversas

Santalla, Iago - miércoles, 03 de julio de 2024
Este artigo trata de ser un medio de aviso sumándose a moitas voces que tratan de alertar sobre a linguaxe oculta que están a desenvolver os pederastas para "marcar" posibles vítimas. Polo tanto, é algo moi grave que cómpre difundir para protexer á infancia e, tamén, identificar e deter a este tipo de persoas que poñen en risco a vida das nosas nenas e nenos.

Os símbolos que están a utilizar son moi atractivos, tanto que calquera pode elixir levar unha camiseta con eles sen darse conta o que está "suxerindo" para estas mentes perversas.

Os símbolos que utilizan son un corazón concéntrico para quen abusa de nenas, un triángulo concéntrico para quen abusa de nenos e unha bolboreta para quen abusa indistintamente do sexo. Hai que dicir que os debuxos son moi atractivos e pode ser un agasallo no que, nalgún momento, podemos reparar. Polo tanto, cómpre sabelo para evitar a difusión e denuncialo para que as marcas deixen de deseñar roupa con estes símbolos.

A Xunta publicou acertadamente un pdf que recolle parte desta simboloxía. Considero que debe ser difundido pola cidadanía na medida na que cada un poida. Por iso, hoxe quero deixar este espazo para quen o lea repare e difunda esta información.

Enlace ao PDF da Xunta.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES