Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (3)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 09 de julio de 2024
Coñezamos as cousas polas súas causas; e para iso reflexionemos sobre a orixe dos males: Hainos de tódalas las clases que se nos veñan á imaxinación; hainos Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (3)que saen de nós, coma os búmerangs, pero tamén os temos que veñen a nós, arrebolados, sexa polo próximo, ou non tan próximo, sexa pola propia natureza, sexa por ese caos que xerou a nosa belixerancia co propio Creador.

Orixes de herdanza maldita

Os humanos
fomos creados, á diferenza dos outros animais, con intelixencia, cunha intelixencia especial que nos permitía elixir en que crer, e tamén como comportarnos. Quen nos deu ese libre albedrío foi precisamente, necesariamente, Deus; fíxoo na súa bondade suma, na súa xenerosidade absoluta, para que tivésemos o discernimento de facer cousas diversas, tanto as positivas como as negativas, ¡o que desexásemos! Por tanto, non existiu conflito senón bondade, unha bondade dun alcance que non nos molestamos en discernir, en aceptar. ¡O que aceptamos, o que eliximos, foi a soberbia, que así, e por iso, actuaron os nosos avós daquela maneira tan..., innomeable! Botáronlle a culta a Satanás, non si? Satanás, daquela, e sempre, fai das súas, pero iso non foi unha atenuante pois..., eles estaban capacitados para discernir! O castigo foi pleno precisamente porque a decisión foi plena, plenamente responsable, un perdón difícil, imposible incluso para Deus, para o Señor da rectitude.
Adán e Eva eran perfectos, humanamente perfectos. Non tiñan pecado, nin faltas; ningunha debilidade. Pero o seu pecado foi de soberbia, de altiveza, de sublevación, de ambicións inxustas e insás: ¡querían ser tanto coma Deus, e Lucifer aproveitou a ocasión para atacar a Deus, que o volveu a facer tentando a Xesús, pero co Fillo de Deus fracasou! Lucifer, para executar a súa, nova, traizón, animounos falsamente. Daquela o pecado dos avós foi consciente, e por iso non cabía perdón; co tempo viría o Gólgota, iso si. O home, naquela soberbia, con aquela soberbia, pretendeu ser independente do seu Creador, e niso estivo, niso consistiu, aquela blasfemia, aquela sublevación. ¡Coa de probas irrefutables que Deus lles dera da súa bondade, e aínda así pasáronse ao inimigo!

Aquilo foi así..., e así xeraron os fillos, as xeracións sucesivas, en corpo e alma, infectados de soberbia, e por tanto, de malicias. ¡A xeración, lamentablemente, foi posterior ao pecado, e por iso, precisamente por iso, houbo, tivemos, unha transmisión inevitable! ¿Está claro que nos abortos mátase un corpo que xa ten alma? ¿Quen pode ser tan inxenuo, tan infantil, que pense, que crea, que o Anxo da Garda baixa cun alma noviña, nunha bandexa, para aplicarlla á criatura que estea nacendo, saíndo á luz? ¡A alma viaxa co corpo, no corpo, cos xenes, desde o mesmo intre da concepción!

Despois da expulsión paradisíaca: Non era cousa de que Deus mandase, xerase, o seu Fillo, para practicar a nosa rexeneración mentres a especie caída non fose capaz, culturalmente, de aprender e de entender os Evanxeos, que esa é a explicación de que o Mesías tardase en vir. E a onde veu? Pois precisamente a onde, por medio dos seus profetas, xa estaban iniciados, algo sabedores, propicios para ver, escoitar, e transmitir.

A fe do carboeiro

Teño a sospeita de que iso que chaman “A fe do Carboeiro”
é unha das armas de Satanás. Por “fe do Carboeiro” vense entendendo iso de crer aínda que sexa sen entender. Son persoas que adoptan firmemente unhas ideas sen necesitar, nin esixir, nin existir, explicacións ou probas de que tales crenzas sexan exactas, acertadas.

Coa de probas irrefutables que temos nos Evanxeos, ¿como é posible que, en medio mundo, siga triunfante iso da “fe do Carboeiro? ¡Para min que é cousa, arma, de Xuncras, pois outra explicación, se a ten, non a vexo!

Nós, os galegos, que temos de padriño a Santiago, non imos aprender, aprender e cumprir, as súas leccións? Máis é, que nos consellos do noso Santiago vese, claramente, un espello do noso carácter ou forma de ser actuais. Así, cando di: (1, 19) “Escoita-la palabra e cumprila. Xa o sabedes, meus irmáns benqueridos: que todo home (homes e mulleres, por suposto) sexa espelido para escoitar, calmo para falar e calmo tamén para o asaño, porque o asaño do home non leva á conducta que Deus pide”, está retratando o carácter, a idiosincrasia, galaica; si, ou non si? Santiago veu á Gallaecia para ensinarnos, pero tamén aprendeu algo de nós! No presente, no rego actual: ¿De que vale peregrinar a Compostela se apertamos a súa imaxe, pero non acatamos a súa doutrina, o Evanxeo que nos transmitiu? Meditemos; e despois volvamos a Compostela para darlle outro abrazo, pero este agradecéndolle o seu apostolado.

Espiguemos nos consellos do señor Santiago, alumno preclaro do noso Mestre:
No 1, 22: Sede cumpridores da Palabra e non vos contentedes con escoitala xustificándovos con razóns enganosas”. Seguro que xa daquela se dicía que, “Un home sen palabra non é home, é unha besta!”.
No 1, 27: A relixión limpa e sen lixo ningún ós ollos de Deus Pai é esta: mirar polos orfos e polas viúvas nas súas coitas e gardarse da contaminación deste mundo”. Santiago, ¡que tódolos apóstolos falaban inspirados polo Espírito Santo!, xa lle temía á “contaminación”; á mundana por suposto, que daquela aínda non medrara a outra, a ambiental.
No 2, 10: Porque quen garda toda a Lei, aínda que só quebrante un mandato, ten que responder de todos, pois o que dixo “non fagas adulterio”, tamén dixo: “non mates”.
Acatamos, ou tratamos de acatar, as leis do noso país, incluso as que nos sexan lesivas, pero desprezamos as de Deus, que son boísimas, sen excepción, ¡e todas teñen un premio eterno, glorioso, que así nolo predixo o Resucitado! Meditemos: ¿Podía resucitar por si mesmo aquel rapaciño de Nazaret de non ser Deus, Fillo de Deus? ¡Que non nos veñan con pamplinas, con trolas, eses “carboeiros”, eses predicadores do paganismo!
No 2, 13: Terá un xuízo sen misericordia o que non foi misericordioso; a misericordia está por riba do xuízo”. Santiaguiño, agora somos misericordiosos, que non che pedimos matar mouros senón ensinarnos, a eles e a nós mesmos, obras de misericordia; ¡axúdanos a cumprilas, intercede por nós!
No 2, 14: Irmáns benqueridos, ¿que proveito lle trae a un dicir que ten fe, se non ten feitos?”. Santiaguiño, ben sabes, agora que nos coñeces, que os galaicos somos xente de feitos ben feitos, que lles ensinamos ética aos indios de América, e incluso lles fixemos mestizaxe para que mellorasen a raza, e non os ingleses, pois os anglos conquistaban doutro xeito: ¡matando indios! Con estes antecedentes, ¿que máis se nos pode pedir?
No 2, 17: A fe sen feitos leva a morte (a morte espiritual) no seu cerne”. Non fai falta que insistas, Santiaguiño, que xa nolo tes dito, unha infinidade de veces.
No 2, 18: Pode dicir alguén:-"Ti te-la fe, eu teño os feitos". -Móstrame a túa fe sen feitos que eu polos feitos heiche de mostra-la miña fe”. ¡A túa predicación si que foi didáctica, digno apóstolo, discípulo aplicado do noso Mestre!
No 2, 20: ¿Queres entender dunha vez, parvo, que a fe sen feitos está morta?”. Pobre Santiaguiño, que aqueles fisterráns, aqueles descendentes de Noé, moito che deron que facer, tan desconfiados eles, que así quixeches irte, volver ao teu Xerusalén, vía Caesar Augusta-Tarraco, pero a Pilarica salvoute, e de paso, salvounos!
No 2, 26: O mesmo que un corpo sen alento está morto, así tamén a fe sen feitos morta está!". Santiaguiño, ¡fuches outro mestre, o mellor que tivemos en Galicia, que non te cansabas de saír ao encerado..., pero iso foi despois dos alentos, despois das ordes divinas, aquelas que recibiches en Zaragoza!
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES