Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 04 de julio de 2024
Radio Caracol

Radio Caracol informa: o tempo pasa devagariño, mentres que o lóstrego sae á velocidade dunha chispa ou dun mal raio me parta. Pero sen partirme. Aínda quero informar da raíz cadrada do marco dunha leira de 0,78 hectáreas. Se o resultado non dá exacto, xa a armamos. Alguén me moveu o marco!
Case é mellor, entón, quedar quieto e deixar que o sol ase ós paxariños. Polo leste asoman nubes de tormenta, quizais coa intención, un pouco máis tarde, de cuspir tronos e alustros para que, a algúns, lles entre o medo no corpo. Miña nai gozaba co Pingas de Orballoruído dos tronos e eu, que tamén gozo con eles -e coas tracas-, si me acovardo un pouco ante os relampos. Quizais porque, unha vez, unha chispa caeu tan cerca que vin como unha das miñas vacas, a Cereixa, daba un salto para atrás a causa do susto ou da forza do alustro. Desde aquel momento, téñolles polo menos respecto.
Radio Caracol segue informando: que cando un vaso de cristal cae sobre unha baldosa, o máis seguro é que rompa e que o estoupido tamén asuste. Acaba de caer un vaso de cristal e o seu estalido asustou un pouco. Pouco porque non ten a forza do lóstrego nin do trono.
Pois neste momento case se agradece que asome dunha vez a treboada, xa que a canícula molesta bastante. A roupa pégase á pel, a pel apégase ó papel e é moi difícil escribir sobre este. Agora, cada un é moi libre de desexar canícula ou tormenta. Eu tan só son o portavoz de Radio Caracol, que está aquí para informar e tan só para informar.

Facer posible o imposible

Hai algúns asuntos que me traen a malvivir. Como facer que o elefante pase, por fin, polo ollo da agulla? Como sentar no corno dereito da lúa en cuarto minguante? Como cruzar o Atlántico a nado sen saber nadar? Como vivir a realidade dun soño se tal realidade é soñada? Como cruzar o deserto do Sáhara en catro horas e de xeonllos? E non sigo porque marearía á perdiz e, sen perdiz, ninguén é feliz.
Pingas de OrballoPensando friamente, e en referencia a que non hai nada imposible, non me queda outra que dubidar de tal afirmación. O do elefante, por exemplo. Como imos meter a un bicho deses por un buraquiño de nada! Neste caso, case pode valer o de que non hai nada imposible... todo consistiría en facer unha agulla tan enorme que, polo seu buraco, puidese coller mesmo unha balea azul.
E que dicir de sentar no corno da lúa? Hai algo imposible niso? Mirade os chinos, que están a estudar a cara oculta daquela. Moito nos burlamos dos chinos pero son os que nos sacan dun apuro e, da lúa, ensínannos o seu lado escuro. Son listos e agudos coma allos.
O de cruzar o Atlántico a nado sen saber nadar... aí xa non furgo nas posibilidades raras para facer posible o imposible. Neste caso, doume por derrotado. A non ser que faga que nado mentres me empurra un golfiño. Cousas máis raras se ven neste mundiño. A realidade dun soño era aquela na que cruzaba o Sáhara en soños. Aínda que, nestes, si o cruzaba a nado porque, para min, non hai nada imposible. Nada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES