Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O patrimonio sulagado

martes, 28 de abril de 2009
Somos plenamente conscientes do valor que o patrimonio arqueolóxico ten para un país, máis nun país coma o noso onde existen cinco mil castros con restos anteriores á chegada dos romanos, centos de igrexas, castelos ou pazos que fan que cada parroquia, cada vila, sexa un museo ó aire libre.

Pero hai outro patrimonio que non por descoñecido se valora menos, sulagado polo mar galego, restos de naufraxios que gardan riquezas artísticas incontables e tamén –según as lendas- valiosas cargas de ouro procedentes das entón colonias de América.

Quizais o máis notable deses futuros achados, que se vai investigar este verán, é o barco “Santo Cristo de Maracaibo”, galeón da flota das Indias que afundiu o 5 de novembro de 1702 fronte ás Illas Cíes, cargado de ouro. Ademais de tentar localizar este pecio, vaise elaborar unha cartografía deste patrimonio sulagado que pretende incluir o Reina Regente, cruceiro que naufragou nun temporal o 9 de maro de 1895 con 410 mariñeiros a bordo.

Polo de pronto, a Armada ten prohibido rastrexar fronte ás Illas Cíes para evitar que desaprensivos poidan repetir o caso Odyssey, expoliando unha riqueza que pertence a Galicia e ó Estado español.

A lenda quere que os restos do Santo Cristo de Maracaibo agochen novecentas toneladas de ouro, e para a súa posible localización só se dispón da información facilitada polo capitán do barco inglés que o apresou na batalla de Rande, e tentando levalo a Inglaterra afundiuse á saída do porto de Vigo.

Desde hai trescentos sete ano, descansa no fondo do mar de Vigo o Santo Cristo de Maracaibo. Se cadra, ten un tesouro en ouro. O que é seguro é que o resto do barco, se se atopa, é un tesouro artístico sulagado que Galicia non pode perder.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania