Amigos da catedral de Santiago
Editorial - lunes, 27 de abril de 2009
A crise chega a todos. É un círculo esto da economía, no que -efecto mariposa- calquera acción ou omisión ten a súa concordancia en calquera outro lugar, provocando unha reacción en cadea, favorable ou desfavorable. E agora estamos no momento dos efectos desfavorables.
Un sector que consideramos alleo ás crises, a Igrexa Católica, parece sufrila tamén como lóxica consecuencia das carencias dos seus fieis. Que se esta institución posúe cuantiosos bens de tipo monumental e artístico, tamén a conservación deses bens supón un forte investimento continuado para mantelos en forma axeitada ó seu nivel.
O Arcebispado compostelán emprendeu a campaña Fágase amigo da Catedral de Santiago, tentando que os particulares contribúan a conservar e poñer en valor o patrimonio da Catedral de Occidente.
Nas entradas da catedral poden recollerse folletos da campaña, ofrecendo ós colaboradores un carnet de Amigo da Catedral, que permitirá o acceso privilexiado ó Museo e ós actos da Fundación que leva o nome da Catedral. A cambio solicítase dos particulares a cantidade de 50 ó ano, e 100 ás empresas.
Non cabe dúbida que a solución é enxeñosa e que atopará adecuada resposta por parte dos milleiros de admiradores do primeiro monumento da capital de Galicia.
A Catedral de Santiago agarda polos seus amigos para seguir estando esplendorosa, pedindo que colaboren en tempos difíciles a que siga sendo a xoia que agarda ó final do Camiño ós milleiros de peregrinos que cada ano acuden ó corazón de Galicia na percura da Casa do Apóstolo.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora