Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (5)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 09 de julio de 2024
VI. Algúns datos haxiográficos e iconográficos do San Bartolomeu.
Naceu no ano 17 (d.d.C.) en Caná de Galilia. Foi mencionado polos catro evanxeos na compaña do apóstolo Felipe. Segundo o evanxeo de San Xoán foi nomeado Natanael e chamado xunto a Felipe por Xesús. Segundo os "Feitos dos Apóstolos" foi testigo da Ascensión de Xesús. A partir de aquí, varias tradicións comentannos que estivo predicando polo Asia Menor, a India e Armenia. Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (5)Aquí, a influencia positiva, que tivo a súa tarefa evanxelizadora, motivou que os sacerdotes pagáns influisen no rei armenio Astiages para que mandara desollalo e decapitalo. No obstante, algunha tradición fai alusión a que foi crucificado coa cabeza de cara ao chan. O artista renacentista Miguel Anxo inmortalizou o seu martirio na Capela Sixtina amosando ao santo coa pel nas súas mans no seu cadro o "Xuizo Final". Este santo é considerado patrón dos curtidores, viticultores, sastres, marroquineros, panadeiros... Hoxe, algunhas das súas reliquias gardanse na igrexa do San Bartolomeu nunha pequena igrexa do río Tiber; outras, encontranse nas catedrais de Frankfurt (Alemania) e Canterbury (Ingleterra). A súa festividade conmemórase o 24 de Agosto na igrexa latina; o 11 de Xuño, nas igrexas orientais; e o 8 de Decembro entre os cristiáns armenios (1).
Con respecto a súa iconografía, adoita representarse con barba, cun libro e cun coitelo, instrumento usado no seu martirio. Ás veces adoita aparecer cunha cadea na súa man suxetando ao demo; tamén, co maligno baixo os seus pés (2).
Nesta capela, como vimos hai tres imaxes do San Bartolomeu, situadas enriba dunha carruaxe que amosan a seguinte iconografía. A imaxe, colocada na parte anterior esquerda da carruaxe, mostra barba; un libro, na súa man esquerda; un coitelo, na súa man dereita; e baixo os seus pes, a imaxe do demo. A talla, situada no lado posterior dereito, presenta barba, e unha cadea na man esquerda suxetando ao demo. Finalmente, a que está colocada no lado posterior esquerdo, mostra barba; un coitelo na súa man dereita e un libro na súa man esquerda. Ademaís, hai unha imaxe pequena do San Bartolomeu e un coitelo de madeira, asociada á mesma, coa que se levan a cabo os rituais de "poñer o Santo" e o "ritual do coitelo".

VII. Festividade, territorio de gracia e pedimentos
Antano a festividade do San Bartolomeu conmemorábase os días 24 e 25 de Agosto. O 24, era o día principal, no que adoitaban acudir os devotos da contorna como Sabarei, Escoureda, Chousa, Maceda, Marei e, tamén, dalgunhas parroquias do municipio limítrofe de Láncara, moi especialmente da Poboa de San Xiao, onde hai uns anos pechabanse os bares, tendas e comercios, para que os fregueses puidesen asistir ao evento relixioso. O día 25, celebrábase o San Berto (3) pequeno, no que soían vir menos fieis, aínda que se realizaban os mesmos rituais que o día anterior; era un día adicado aos parroquianos e aos invitados, que aínda quedaban. Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (5)
O San Bartolomeu foi un santo que beneficiou moito aos mozos da parroquia, que foron á guerra civil española. E así algúns fregueses expresaban este agradecemento dicindo: "Estamos moi agradecidos ao santo por devolvernos aos nosos fillos sanos" (4). Tamén, cando había moita seca na parroquia e na súa bisbarra, adoitaban sácalo en procesión para propiciar a chuvia. Aínda hoxe quedan algunhas persoas na parroquia que lembran un ano de moita seca, no que sacaron ao santo en procesión e pouco despois comezou a chover oito días seguidos (5).
Na actualidade, o día 24 de Agosto acoden devotos das parroquias limítrofes, como Escoureda, Chousa, Maceda e, tamén., da parroquia lancaresa da Poboa de San Xiao. O motivo consiste en pregarlle ao santo a concesión dalgunha petición ou como agradecemento por un favor recibido. Os pedimentos máis usuais adoitan ser por doenzas humanas ligadas coa pel, coas articulacións e con vultos. Ás veces, os pedimentos soían levarse a cabo por fregueses, que non podían acudir ao recinto sacro por algunha doenza.

NOTAS:
1. ECWIKI. Enciclopedia Católica Online.
2. VORÁGINE, Santiago.: La Leyenda Dorada, Madrid: Alianza. "Segundo a tradición expulsou a un demonio, denominado "Astaroth"do interior dunha estatua, que había nun templo…"
3. Emprego indistintamente San Bartolomeu e San Berto. O vocábulo San Berto usábase máis que o do San Bartolomeu por parte dos fregueses da comunidade de Abragán e colindantes.
4. Informante: Elvira Fernández, de Abragán.
5. Informante: Carmen Pardo Vilanoba, de Abragán.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES