Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (2)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 05 de julio de 2024
Historicamente: Xa foi dogma de fe para Elías cando, no seu Salmo profético de acción de gracias pola salvación, nos indicou a comenencia, a salvación definitiva, se íamos polo bo camiño:
"12. Aquel día dirás: Douche as gracias, Señor. Estabas anoxado comigo, pero calmouse a túa ira, e consoláchesme. Velaí, Deus é a miña salvación; terei confianza, e non medo. El é a miña forza; por iso louvareino. Si, o Señor é a miña salvación. Sacaredes auga con gozo das fontes de salvación. O día aquel diredes: "Dádelle gracias ó Señor; invocade o seu nome. Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos, facédelle a lembranza de que é grande o seu nome. Cantádelle ó Señor. De verdade fixo cousas magníficas, que serán coñecidas en toda a terra".
. Douche as gracias, Señor...: Desde Eva para acó non paramos de ser desagradecidos; antes, pero tamén despois da paixón, morte e resurrección do Fillo de Deus. ¿Estupidez? Si, por admitir a soberbia como un factor preponderante deste libre albedrío que, con xenerosidade total, absoluta, nos obsequiou o Creador desde o mesmo intre no que nos deu forma, unha nova especie, unha especie de animal con espírito celeste, con filiación divina. ¿A de agora, ou a que xa tiñamos daquela, aló, no Paraíso? Isto témolo esquecido; pois, iso, que malditas foron aquelas caídas, aquela degradación por..., por desertar do Exército Celeste e pasarnos ao dos anxos rebeldes.
Se xa era cousa de terlle a Deus un agradecemento absoluto, definitivo, pola gracia divina de ternos elaborado, ¡si, elaborado, coa súa palabra, con voz divina, creadora!, máis aínda ao ter piedade dos pecadores, ao redimirnos da caída, xerando un Fillo disposto a pagar por nós, e para iso dun xeito dramático, tal e como requiría a sentenza do Supremo, ¡do auténtico Supremo! Nesta segunda oportunidade estamos ben avisados de que a todos nos incumbe aquela advertencia dos romanos, "Cave ne cadas"! Na nosa mentalidade humana, tal e como somos, tal e como actuamos, quen sería capaz de perdoarlle ao seu próximo tamaña ofensa, unha que só fose remotamente parecida á sublevación daqueles Avós? Pois que esta reflexión, esta pobre comparación, nos sirva para medir o tamaño, o calibre, do desagradecidos que adoitamos ser co Noso Señor, co divino, co auténtico Señor.
. Estabas anoxado comigo... ¡Non era para menos ante unha sublevación luciferina, outra..., e ambas co mesmo capitán, Satanás, outro desagradecido! Se o ser humano tivese a capacidade de crear autómatas "á súa imaxe e semellanza", toleraría, consentiría, unha sublevación parecida a aquela dos Avós? ¡Tiraríamos o xoguete ao inferno, queimariámolo, xa antes de estrealo!
. Pero calmouse a túa ira, e consoláchesme...: ¿E nós, os favorecidos, favorecidos nada menos que do Creador Divino, Omnipotente, dándolle o traseiro, máis ou menos como fixo Adán cando se desentendeu da súa pregunta, despois da rebelión: "Entón abríronselles os ollos ós dous e decatáronse de que estaban espidos. Entrelazaron follas de figueira e cinguíronse con elas".

"Oíron ó Señor Deus camiñar polo xardín ó aire do día, e agocháronse os dous entre as árbores. Mais El chamou polo home, preguntándolle: -¿Onde estás? Respondeu o home: Oínte no xardín, e tiven medo. Ó verme espido, agacheime. Preguntoulle o Señor Deus: -¿Quen che dixo que estabas espido? ¿É que comiches da árbore da que che prohibira comer? Respondeulle o home: -A muller que me deches por compañeira ofreceume do froito, e comín. O Señor Deus díxolle á muller: -¿Que é o que fixeches? E a muller respondeu: -A serpe enganoume, e comín. Entón o Señor Deus díxolle á serpe: -Porque fixeches isto, maldita sexas entre os animais e as feras todas do monte. Andarás arrastrada e comerás po toda a túa vida. Etc.
.Velaí, Deus é a miña salvación; terei confianza e non medo... Esta confianza en Deus ten unha contrapartida: Que o amemos sobre tódalas cousas, por riba dos antollos inmorais. ¡Que menos! Mandou á terra ao seu Fillo, xerado na Inmaculada, (e non creado, como sostiñan os nestorianos, e de Nestorio veñen os erros musulmáns), que nos instruíu, e incluso padeceu, morto e sepultado, pero resucitando, para así Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (2)demostrarnos, sen lugar a dúbidas, a súa filiación divina, firmando as súas promesas cunha ascensión gloriosa para os Ceos..., feito testificados polos Apóstolos. ¡Divino, todo divino; todo verdade!

. El é a miña forza; por iso louvareino. Si, o Señor é a miña salvación... De pechadas as portas do Ceo naquela..., ¡sublevación!, só o propio Deus podía abrírnolas, ¡e fíxoo! ¿Como? ¡Dun xeito que só a Deus podía ocorrérselle: Xerando un Fillo, nunha Virxe, e por tanto, libre daquela herdanza maldita, que recreou o mundo, volvéndonos ao rego, devolvéndonos a vista, para que, situados de novo na humildade cristiá, podamos contemplar o amor divino, a nosa Redención!
Xa tiñamos as táboas da Lei, as de Moisés... Si, pero aquilo foi un inicio, un anticipo, unha especie de educación para chegar á gradación final, esa que tivemos, ¡e que temos, porque é definitiva!, nos Evanxeos. Con tanta xenerosidade, a louvanza que nos merece Deus sobre pásanos, que sempre nos quedaremos curtos no noso acatamento, na nosa adoración.
. Sacaredes auga con gozo das fontes da salvación. ¿Que sede podemos ter máis apremosa cá de saciarnos de amor, de amor glorioso, salvador, redentor definitivo, fiel, infalible? Cando, nos visitou Eva Perón, naqueles anos da posguerra, díxose que Perón, que seica era moi celoso, lle mandou un radio no que lle dicía, "Evita besos y abrazos". Que os evitase, non si? Ou era unha anfiboloxía? Pois o Adán tamén debera terlle advertido á outra Eva, á Avoa, que evitase as propostas deshonestas, blasfemas, daquel anxo caído, daquel ¿guapo? Lucifer, tan falso que, coas falsidades súas, acabou de cobra, séxase, definitivamente arrastrado, postergado! Non lle chegara a súa, propia, inimizade co Creador, así que tamén quixo malograr a felicidade coa que foran glorificados aqueles rapaces do Paraíso!

. O día aquel diredes: "Dádelle gracias ó Señor; invocade o seu nome". Iso de dar as gracias, de dalas de corazón, nin sequera a Deus!; é moi custoso para a humanidade pecadenta, soberbia pura. Aquela soberbia dos Avós, que tamén a herdamos xunto cos seus defectos. ¡Claro, os Avós, ante aquel dilema do Ben e do Mal, decidíronse polo mal, así que, daquel pecado, daquela sublevación, véñennos os desagradecementos! ¡Maldita herdanza!
. Dade a coñecer entre os pobos os seus feitos, facédelle a lembranza de que é grande o seu nome. O Mestre rubricouno co seu verbo sacro, insistindo: -"( Mt 28, 18-20; Mc l6, 14-18; Lc 24, 36-39; Xn 20, 19-23; Feit 1, 9-11) Xesús, achegándose, díxolles: -Déuseme todo poder no Ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que estarei sempre convosco, ata a fin do mundo".
¡Meu Deus, ingratitude e desobediencia, acción e omisión! Polo carreiro do mal imos mal; ¡daquela, volvamos ao Camiño, antes hoxe que mañá, pois para mañá igual é Volvendo ao rego, volvendo ao camiño (2)tarde, que igual amencemos na escuridade dese xuízo que nos espera na Porta de San Pedro!
. Cantádelle ó Señor. Eu teño mal oído, e por tanto, mala voz, pero Deus deume un neto que canta e toca por si e para toda a familia. Eu rezo por el, e el toca e canta por min. ¡Que Deus o bendiga, amén!
.De verdade fixo cousas magníficas, que serán coñecidas en toda a terra. Seguro que o serán, que chegarán a selo, que máis o serían se nos dedicásemos a evanxelizar, e algo menos ás competicións deportivas e ás corridas de touros. Os laicos tamén temos obrigas apostólicas, pero delegamos no clero, ao cento por cen. ¡Isto é de pasotas, máis que de católicos!
Cantar, facelo ben, só saben uns cantos, pero, rezar? Falar con Deus é cousa seria, emotiva, así que temos que facelo con respecto e con sinceridade, séxase con amor. Deus ben sabe o que necesitamos, o que nos convén, pero a nosa obriga é, está, en pedirlle eses favores ao Xefe, ao Xefe Providencial; pedirllos de espertos, con humildade filial, con naturalidade, que bo exemplo nos deu o Bo Xesús no horto de Xetsemaní: "E volvendo onda os discípulos, atopounos durmindo: Díxolle a Pedro: -¿Non puidestes velar comigo nin tan sequera unha hora? Estade á espreita e orade, para que non entredes na tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil".
"El demonio teme que se alcance por la oración un cierto grado de amor a Dios, porque sabe que cuando el alma llega a este grado ya no puede pertenecerle, o que si tiene la desgracia de alejarse de Dios, el recuerdo de la felicidad que ha probado en este amor le devolverá fácilmente a su deber" (SANTO CURA DE ARS, Proceso del Ordinario, 415).
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES