Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Seguen as dependencias

viernes, 24 de abril de 2009
As desigualdades, as marxinacións, os racismos. Son millóns de persoas as excluídas dos bens primarios e fundamentais, mesmo necesarios para poder sobrevivir. Persoas sen participar dos dereitos humanos que chamamos xerais e universais. Dá arrepíos ollar a pasividade e a hipocrisía desta nosa sociedade actual.

As dependencias seguen a estar presentes e permanentemente activadas nesta aloucada sociedade moderna chupada polo abafante e vergoñento consumo que está a enriquecer a uns poucos.. Tanto nas nacións máis ricas e desenvolvidas agrupadas no G-8 como nas outras máis pobres (pero ricas) do tan buscado por algúns gobernos chamado o G-20. Países menos ricos e que aspiran a selo. Tamén en crise, certamente. Quizás por non teren sentado, antes, na mesma mesa común, a todos os pobres e marxinados do mundo.

En España en xeral e en Galicia, en particular, coa Lei da Dependencia a medio camiño. Case sen estrear, sen cumprir. Milleiros de persoas con diversidade funcional (e coa mesma dignidade, deberes e dereitos coma os demais!) seguen fechados en institucións públicas, particulares e/ou na súa propia familia. Só uns poucos, podendo gozar dun vida independente. Ou sexa, unha vida propia, con poder de elección, de control e de asistente persoal. Vergoña para un país que aspira a estar no G.20.

A vida independente é tema central cunha disposición específica na Convención das Nacións Unidas. A súa filosofía consiste en acadar a igualdade de dereitos civís e ter garantida a liberdade de elección e a posibilidade de xestionar todos os aspectos da súa vida. A asistencia persoal ten de se converter nun dereito legal. Algo aínda non acadado.

Grupos de Europa instan aos gobernos e ao Parlamento Europeo a actuar xa: detendo as grandes desigualdades e segregacións e cumprindo co artigo 19 da Convención das NN.UU. sobre dereitos humanos e asistencia persoal para todos. O colectivo galego de afectados tamén lle esixe ao novo goberno tome en serio esta urxente tarefa, aínda pendente. Pola nosa banda, seguiremos.na loita. A ver que nos depara o novo goberno galego.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES