Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Gracias ou Grazas

viernes, 24 de abril de 2009
No proceso de artificialización do idioma galego, a última etapa foi a da supresión da doble c (caso “construcción”), e as “grazas”.

Cambiar un vocablo pode parecer un tema baladí, pero non o é porque tratándose do idioma pode provocar problema grave nalgúns falantes. Tal é así que moita xente que fala o galego popular cando se trata de falalo en público pásase ó castelán aínda que sexa mal falado coa razón de que non saben falar “ese galego novo que se estudia agora”. E esto foi medrando a medida que os cambios se foron efectuando no decurso do tempo.

O tema das “grazas” é especialmente ostensible, e alguén terá que calcular en algún momento o que custou traducir de novo todas as películas que Televisión Galicia verqueu ó galego.

Porque desde o nacemento desta nosa canle a mediados dos anos oitenta ata mediada a primeira década do dous mil, vinte anos, dobláronse ó galego moitos centos de películas nos que a palabra “gracias” aparece ducias de veces.

E de repente, as películas da Televisión galega expresaban o agradecemento con “grazas”. E esto require un proceso amplo de nova dobraxe, cun custo abrumador.

Pois agora, Feijoo anuncia unha nova política encol do galego, aínda que nada se di por agora da impulsión dunha nova reforma ou lexicográfica para volver á normalidade a situación actual do noso idioma.

Pois pode ser casualidade, pero Feijoo comezou a súa intervención do pasado sábado na Praza do Obradoiro, fíxoo coa palabra “Gracias”, repetida para que quedase claro.

Aí está o dilema: Gracias ou grazas. A maioría dos galegos pronuncia “gracias”. Unha minoría tense apuntado a “grazas”. Agora que todo vai cambiar, pode tamén cambiar esto aínda que non é cuestión política senón científica.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES