Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (3)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 25 de junio de 2024
IV. Descrición artística do espacio sacro (1).
A capela do San Bartolomeu, denantes igrexa parroquial, está emprazada no sitio máis elevado do lugar de Abragán ao carón dunha carballeira. A súa fachada posue unha porta alintelada e unha espadana dun van cun campanil no que se le a seguinte inscrición: "San Bartolomé / Ora por nobis / 1899". A súa construcción foi realizada en boa medida con importantes pezas graníticas. Este recinto sacro amosa no seu exterior unha cuberta a dúas augas, realizada con laxas de pizarra ao igual que o seu pavimento. Con respecto ao seu interior, mostra un presbiterio cunha liña moi semellante á da nave; este presenta un arco triunfal en aresta, realizado con pedra granítica. Ademaís, é mester distinguir un sinxelo retablo de deseño renacentista con dúas tallas: unha delas, cun libro e capa, que podería ser San Benito; e a outra, San Busto. Así mesmo, ao carón da parede lateral dereita hai un moble a xeito de carruaxe, no que están colocadas catro tallas do San Bartolomé: unha delas, pequena, que se usa para "poñer o santo"; a de "San Berto vello", foi restaurada por unha devota anónima; un "San Berto novo"(1); ademaís, hai unha talla da Virxe do Carme co seu escapulario (2).
Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (3)Ata hai uns vintes anos aproximadamente esta capela foi coidada por Pilar Díaz Porto, da "Casa do Rizo" de Abragán; todos os anos gardaba nunha caixiña " a coroa e o escapulario", que levaba o San Bartolomé, e o día da súa festividade -o 24 de Agosto- poñiallos de novo ao santo xunto cun manto novo. Ao morrer esta devota, a capela pasou ao coidado de Carmen Pardo Vilanoba, tamén da "Casa do Rizo". Hai uns dez anos, que se fixeron algunhas reformas na capela, afectando preferentemente a cuberta, e ao pintado e masas da capela. Nesta restauración foi decisiva a colaboración do concelleiro do concello de O Corgo, D. Enrique Casanova. Froito da mesma foi a placa, que se lle colocou nunha esquina do interior da capela na que se le o seguinte: "En agradecimiento a / Enrique Casanova / de la Asociación de / Vecinos de /San Bartolomé". Nos últimos catro anos construíronse para o interior da capela cinco cadeiras (3) e uns bancos (4). Desta maneira, os devotos asistentes o día da festividades do San Bartolomé podían ter un confortable acomodo.

V. Algunhas aportacións documentais.
Etnorituais no Santuario do San Bartolomeu de Abragán, O Corgo (Lugo) (3)V.1. Algúns datos sobre a visita pastoral do Bispo de Lugo, D. Lucas Bustos de la Torre, á vigairía de San Bartolomeu de Abragán (O Corgo) no ano 1701.

No ano 1701 o bispo da diocese de Lugo, D. Lucas Bustos de la Torre levou a cabo unha Visita Pastoral (5) ás parroquias do actual concello de O Corgo, que formaban parte de seis arciprestados: Cotos de Lugo, Farnadeiros, Maestrescolía, Páramo-Gondrame, Picato e Sarria.

Con respecto á parroquia de San Bartolomé de Abragán, conservanse os seguintes datos:
"Es vicaría del Monasterio de Samos, que lleva todos los frutos. Sirvela el cura de Marei y le da el Monasterio quatro ducados cada un año y los frutos menores. La yglesia lleva las primicias. No hai sacramento ni chrismeras. No sirve más que si fuera hermita. Sólo se dicen en misa en ella tres veces al año. Está casi aruinada y no se sabe liquido lo que tiene de caudal. Queda comisión al cura para que lo liquide y comisión para su cobrança y con ello reedifique la iglesia y asee lo mejor que pueda y no alcançado requiera al reverendísimo padre Abad de Samos su plato que faltare en consideración de perçivir todos los diezmos. No ai saçcerdote, hermita, capilla, capellanía ni cofradía." (6)

NOTAS:
1. VALIÑA SAMPEDRO, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su Provincia, Madrid:Servicio de Publicaciones del Ministerio de Educación y Ciencia. Servicio Nacional de Información Artística Arqueológica y Etnoloógica, 1975, páx. 13.
2. Foi doada por un membro da "Casa de Neiras" de Abragán.
3. Esta talla foi doada pola devota Elena Santa Cruz Toirán, procedente da "Casa de Penelo" de Abragán.
4. Dúas cadeiras foron feiras por Elda e Luís, familiares da "Casa do Rizo"; e outras tres, por Manuel Díaz Pardo, da "Casa do Rizo".
5. Os bancos foron realizados coa esmola, que se recadou o día da festividade do Santo.
6. O Libro de Visitas de Bustos de la Torre é a única visita pastoral encadernada conservada no Arquivo Histórico Diocesano de Lugo.
Ver.: Artigo de GONZÁLEZ MURADO, Oscar: Estado das Igrexas do Corgo á principio do Século XVIII, en Corga (Revista Anual do Centro de Estudos do Corgo), nº 9, 2022, páx. 42.
7. GONZÁLEZ MURADO, Oscar: Estado das Igrexas do Corgo á principio do Século XVIII, en Corga (Revista Anual do Centro de Estudos do Corgo), nº 9, 2022, páx. 42.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES