Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Collidos da Man

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de junio de 2024
Con certa frecuencia escoito lamentacións por parte de persoas maiores sobre o futuro incerto que lle espera á xente nova.
Cando esto escoito, pásaseme pola cabeza que teñen algo esquecida a súa misión; pero non me atrevo a decir nada.
A min paréceme que presente e futuro van collidos da man.
¿CÓMO SERÁ O FUTURO DOS QUE NOS SUCEDAN?
Exactamente non se sabe como evolucionará a sociedade; pero en certa medida será tal e como llelo preparemos.
As criaturas nacen con moito potencial; pero non nacen aprendidas.
Somos os adultos os encargados de ensinarlles o que lles convén según a nosa experiencia.
ENSINARLLES COA PALABRA E, SOBRE TODO, CO EXEMPLO.
Hai que falar moito porque para entende-la vida hai que darlle moitas voltas, hai que saber ler a letra miúda, hai que insistir un pouquiño cada día sen desfalecer ata que as palabras vaian caendo na alma da xente nova como fai o orballo para fertiliza-los campos.
Pode que hoxe non comprendan o que se lles di; pero co tempo vano asimilando e dando froitos.
O MELLOR ESPELLO PARA A XENTE NOVA:
É a coherencia dos adultos.
Pero se poñemos unha man no corazón e nos preguntamos:
¿QUÉ EXEMPLO DE VIDA LLE DAMOS Á XENTE NOVA?
-Inmoralidades abundantes saltan á vista.
-Infidelidades, tamén abundan.
-Irresponsabilidades: unha cuantas.
-Materialismo: moito, moitísimo.
-Consumismo: por encima das nosas posibilidades de vez en cando.
Eso non é o que educa.
Os que educan son os que nos preparan para un futuro mellor.
PAIS E NAIS QUE PREPARAN ÓS SEUS DESCENDENTES :
-Para que se porten ben en todo momento, lugar e circunstancia.
-Para que saiban cumprir cos seus deberes escolares como a ferramenta máis válida para un futuro prometedor.
-Para que saiban que a honradez é un valor moi importante.
-Par que vaian comprendendo que todo canto facemos ten unhas consecuencias: boas ou malas.
-Para que saiban administrar o tempo.
-Para que aprendan a gastar con moderación e a aforrar algo tamén.
-Para privarse de pequenas cousas a prol doutras maiores e mellores.
-Para saber que os valores morais están por encima de todo.
-Para que vaian aprendendo a distinguir o grao da palla.
E outras moitas cousiñas que van saíndo no día a día.
A FAMILIA É A PRIMEIRA ESCOLA.
Certo que hai familias desorientadas pero tamén as hai moi centradas que teñen moi claro os valores que deben inculcar.
Na escola tamén se aprenden valores ademáis das disciplinas pertinentes.
Pero cómpre lembrar que:
SE A FAMILIA É A PRIMEIRA ESCOLA, A ESCOLA É A SEGUNDA FAMILIA.
Outro complemento moi importante é a IGREXA CATÓLICA que atende principalmente a formación espiritual.
A Igrexa educa na fe, que é a ferramenta máis poderosa, sen lugar a dúbidas; pero desaprovéitase con moita frecuencia.
As familias ateas desaprovéitana porque non cren en Deus.
E cando se trata de familias crentes hainas que son moi coherentes e outras non tanto.
A Palabra de Deus a veces cae en terreos pedregosos e non prende; pero cando prende dá moi bos froitos.
OS BOS FROITOS DAN BOS CIDADÁNS
Para formar cidadáns de ben que saiban de onde veñen a cal é o seu destino, cómpre unha educación integral que abarque a natureza humana DOS PÉS Á CABEZA PASANDO POLO CORAZÓN:
-Cidadáns que teñan os pés na terra para saber gañarse a vida compartindo e solidarizándose cos outros.
-Cidadáns que teñan a cabeza ben "amoblada" con coñecementos que lles permitan levar unha vida digna no amplo sentido da palabra.
-Cidadáns cunha alma pura que sexan espello para os que veñen detrás.
CANDO ESTA FORMACIÓN INTEGRAL SE LEVE A CABO NON NOS PREOCUPARÁ O FUTURO DA XENTE NOVA.
O futuro prepárase no presente, no día a día.
É un labor lento e arduo porque a veces hai que nadar contra corrente como fan os salmóns.
"COMO FAN OS SALMÓNS"
Este será o título do seguine artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES