Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1ª Xornada convivencia de Pastoral Penitenciaria. Diocese Mondoñedo-Ferrol

Espiñeira Medín, Nieves - martes, 25 de junio de 2024
San Paulo de Catabois. 22-06-2024.

Bo día a todas e todos.
Que alegría encontrarnos, hoxe e aquí, chegados de tantos sitios.
É un día moi importante!
- Queremos tomar conciencia, hoxe e aquí, da realidade tan dura das presas e presos do mundo, nosas irmás e irmáns. E das súas familias.
- Pensar nas vítimas, silenciosas e silenciadas, que non coñecemos, e nin ninguén se interesa por elas
- E logo está o mundo da xustiza e do dereito. Que viven máis pendentes de expedientes e de mirar papeis do que ver os dramas humanos na cara das persoas, moitas delas moi enfermas e sen atención algunha. Ou vidas equivocadas.
- E nós todos precisamos descubrírmonos solidarios, presentes e activos en fraternidade cos máis pobres dos pobres.
1ª Xornada convivencia de Pastoral Penitenciaria. Diocese Mondoñedo-Ferrol"Odia o delito, pero compadécete do delincuente. Abride escolas e fecharán cárceres." Isto que dixo a nosa Concepción Arenal segue a ser verdade.
Pero o mundo dos presos e presas fícanos moi lonxe. E como cristiáns, os criterios son outros e seguen a resoar con forza nas nosas conciencias as palabra de San Paulo: "Mirade polos que están presos, coma se vós mesmos estiverdes encadeados con eles. E mirade polos que padecen malos tratos, coma se vós mesmos vivísedes no corpo deles. Doédevos da propia carne. Perseverade no amor fraterno. Non esquezades a hospitalidade e de darlles pousada aos forasteiros." (Heb 13, 1-4).

Pero mirando a sociedade actual en todo o mundo, a quen lle importa a vida e sufrimentos dos presos?
Estalles ben! E que podrezan alí! E nada de distraémonos. Nin radio nin TV Traballo duro! E sen durmir! Non merecen nada!

A perda da irmandade e da sororidade. A soidade. Caín! Que fixeches? - Eu non son o gardián do meu irmán! Onde está o teu irmán?

E agora imos seguir co Papa Francisco
Estamos en crise, oímos dicir a cotío. En situación de crise mundial:
Unha crise do compromiso comunitario.
O home actual está dividido, fracturado, roto por dentro. Perdeuse o sentido das persoas e das cousas: "Torceuse o eixo das cousas, toleou folla e raíz", dixo o poeta Xosé María Díaz Castro). Viktor Frankl escribiu: El hombre en busca de sentido.

O Papa Francisco na Evangelii Gaudium dinos:
"Non pode ser que non sexa noticia que morra de frío un ancián sen fogar e si o sexa unha baixada de dous puntos na bolsa. Iso é exclusión".
Hoxe temos que dicir "non a unha economía de exclusión e desigualdade". "Esa economía mata". (53)
"Xa non se pode tolerar tirar comida cando as persoas teñen fame. Iso é desigualdade". (53).
"O diñeiro debe servir e non gobernar! "Unha nova e desapiadada versión do fetichismo do diñeiro e da ditadura da economía sen rostro e sen obxectivo verdadeiramente humano". (55) (cf. Ex 32,1-35).
Os ricos deben axudar aos pobres, respectalos, promocionalos. «Non compartir o patrimonio cos pobres é roubarlles e quitarlles a vida. Os bens que temos non son nosos, senón seus" (San Xoán Crisóstomo). (57)
"Insto á solidariedade desinteresada e á volta da economía e das finanzas a unha ética a favor do ser humano". (58)
"O desequilibrio provén de ideoloxías que defenden a autonomía absoluta dos mercados e a especulación financeira". (56)
"Mentres as ganancias duns poucos crecen exponencialmente, as da maioría fican cada vez máis lonxe do benestar desa minoría feliz". (56).
"É necesario que tamén recoñezamos a existencia de estruturas e climas pouco acolledores nalgunhas das nosas parroquias e comunidades eclesiais e mesmo na igrexa universal". Nas outras igrexas tamén pasa.
"Caemos nunha actitude burocrática para dar resposta aos problemas, sinxelos ou complexos, da vida do noso pobo". (63) E temos un gran perigo: "querer dar soluciones simples e superficiais para problemas complexos e profundos".

Por iso imos pararnos en tres puntos importantes que nos afectan moi directamente a nós para valorarmos os problema dos presos no mundo.

1º.- "A CULTURA DO DESCARTE":
"A cultura do descarte produce marxinación e morte "Hoxe todo entra dentro do xogo da competencia e da lei do máis forte, onde o poderoso come ao máis débil".
Consumir. O confort, o pracer inmediato. Usar e tirar. Iso mesmo facémolo coas persoas. E aqueles que non se adaptan, non seguen o ritmo ou non acceden aos estándares establecidos: son marxinados, excluídos sociais. Non valen! "Sobran. Non deberan ter nacido". Todo o que se inverta neles son un gastos inútiles. (Thatcher). Usar e tirar!

O ser humano é considerado en si mesmo como un ben de consumo, que se pode usar e logo tirar. Os excluídos non son «explotados». "Son refugallo, residuos, «sobrantes". (53) Como consecuencia desta situación, grandes masas da poboación vense excluídas e marxinadas: sen traballo, sen horizontes, sen saída.

A influencia dos medios de comunicación de masas é grande e é insistente a diario: USAR E TIRAR!

2ª (EG, 71-75). OS DESAFÍOS DAS CULTURAS URBANAS. SON MOITÍSIMOS OS «NON CIDADÁNS», OS «CIDADÁNS A MEDIAS» OU OS «SOBRANTES URBANOS». É grave!
"A cidade é ambivalente. Infinitas posibilidades. Pero numerosas dificultades para a vida de moitos. Na cidade latexa e elabórase unha cultura inédita. Conviven, de feito, formas variadas de culturas. Pero moitas veces exercen prácticas de segregación e de violencia. Esta contradición dá sufrimentos lacerantes.
Escenarios de protestas masivas que reclaman liberdade, participación, xustiza e diversas reivindicacións. Se non son adecuadamente interpretadas, non poderán acalarse pola forza.
Nas cidades: dáse fácil o tráfico de drogas e de persoas. O abuso e a explotación de menores. O abandono de anciáns e enfermos. Varias formas de corrupción e de crime. Ao mesmo tempo: lugar da fuxida e da desconfianza mutua.
As casas e os barrios, en vez de protexer, de conectar e integrar. Illan. A guerra cébase e asañase coas cidades: Fuxidos cara a ningures. Non serven: Usar e tirar.  
"Cando a sociedade -local, nacional ou mundial- abandona nas periferias unha parte de si mesma, non hai programas políticos, nin forzas da orde ou servizos secretos que poidan garantir indefinidamente a tranquilidade. Isto non acontece só porque a desigualdade social provoca a reacción violenta de cantos son excluídos do sistema, senón porque o sistema social e económico é inxusto xa desde a súa raíz" (59)

.- 3º OS AMBIENTES RURAIS. Fican sós. Desasistidos. Empobrecidos. Sen servizos. Cada vez menos. Tamén aquí chega o de : Usar e tirar. É triste ver as casas derruídas.
Ata aquí son palabras do Papa Francisco

BEN. POIS DENTRO DESA CATEGORÍA DE REFUGALLOS, OS ÚLTIMOS DOS ÚLTIMOS, AÍNDA ESTÁN OS PRESOS.
O LIXO E OS PRESOS SON PARECIDOS. Creámolos na cidade e logo arredámolos Para Sogama: Foxa atlántica. Mar, etc. Pois cos presos e presas pasa isto: Son sobrantes. E van para as Prisións: Teixeiro, Bonxe, A Lama. Son lixo de usar e tirar.
Chegaron aí por procesos de descarte dentro dos desafíos das culturas urbanas. Cantidade de problemas: Uns xa por nacemento outros por equivocacións no seu crecemento. Por problemas de adaptación, trastornos de conduta, ou psiquiátricos. Neuróticos, psicóticos, etc. O apelido do diagnóstico importa pouco. Van ser tratados o mesmo. Atrapados e presos! Por que? E para que?
A perversión do nome. Teñen o nome manchado: "OS SEN NOME". Só oílo nombrar xa dá para atrás. Produce pavor. Prexuízos nosos. Movémonos cos máis pobres dos pobres. Xustiza ou vinganza?: Fixéchela? Pois págala! Lixo. Usar e tirar. Queres máis pobreza? Iso son os cárceres!

"Son moitísimos os «NON CIDADÁNS», OS «CIDADÁNS A MEDIAS» OU OS «SOBRANTES URBANOS». Usar e tirar. Lixo! Persoas pobres, enfermos psíquicos?
REMEDIOS. Esta sociedade expulsa de si mesma aos seus fillos máis débiles e precisados de coidados e de ambiente saudábel. Caen vítimas de todas as trampas e tropelías "da sociedade guapa e dos bonitos", na que estamos todos situados con ansias de instalación.
Se son lixo de usar e tirar. E de que vale devolverllos a esa mesma sociedade que xa os expulsou?
Non hai lugar para elas e eles nesta sociedade á que nós os queremos devolver. Usar e tirar.

PERO, QUE É RESOCIALIZAR? FALAMOS MOITO DE XUSTIZA. A Constitución, Art. 25, 2., di: "As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán encamiñadas á REEDUCACIÓN E REINSERCIÓN SOCIAL e non poderán consistir en traballos forzados".
Quen se ten de resocializar? Non será esta mesma sociedade creada por todos nós en cada tempo e lugar? Resocializar para que? Para onde? Para quen? Daquela non hai nin recuperación, nin resanación, nin rehabilitación que valla, nin reeducación, nin reinserción, nin resocialización.

OS PRESOS E O CÁRCERE. Resulta paradóxico falar de reeducación e reinserción XUSTO cando as persoas están máis limitados. Iso só xera e ACRECENTA VINGANZA. Yo soy rebelde porque el mundo me ha hecho así, porque nadie me amó, di a canción. Como pode rehabilitarse ou resocializarse no cárcere? É ese o lugar adecuado?
Analicemos: O Tempo do preso: sempre igual, monótono, empobrecido e sen dominio algún sobre el. E o espazo do preso?: limitado aínda máis do que o tempo. Amoreados, sen elección, sen capacidade de queixa, cargada a conciencia de culpabilidade, violencia e sentimentos de rabia, violencia, frustración.
Din os entendidos: "Do cárcere sáese peor do que se entrou." "O Cárcere non é o medio adecuado de reinserción". ( Evaristo Martín Nieto, Diccionario de pastoral. (voz Penitenciaria). PPC. Madrid).

O DRAMA ACTUAL. É posíbel resocializar? A persoa hoxe necesita recuperar a propia identidade. Ser suxeito da propia vida. Encontrar o seu espazo e o seu tempo adecuados con alegría e esperanza. Pero o home, a muller está dividido por dentro. Quen son eu para min mesmo. A necesidade de cambio: urxente e paulatino.
Progreso e contradicións: A persoa necesita: recuperar a propia identidade. Ser suxeito da propia vida. Recuperar o centro de si mesma . É mellor acender unha pequena luz que perder o tempo en maldicir as tebras.
FRONTE A ISTO: O QUE É A PASTORAL PENITENCIARIA.- "A Pastoral traballa pola liberación integral da persoa que é sempre moito máis do que o seu comportamento. A través de programas de atención integral. Non somos os únicos en traballar cos presos." (Carta do Arcebispo de Santiago aos presos de Teixeiro no Ano da Misericordia, nº 9.).
Pastoral da xustiza e da liberdade. Nela hai que facer referencia: 1º. A prevención. 2º Acompañar durante o internamento. 3º. E acoller na comunidade á saída para a reinserción.
Estiven no cárcere e viñestes verme. (Mt, 25). "Mirade polos que están presos, coma se vós mesmos estiverdes encadeados con eles. E mirade polos que padecen malos tratos, coma se vós mesmos vivísedes no corpo deles." (Heb 13, 3).
A actuación da Pastoral Penitenciaria trata de romper o círculo da delincuencia Por iso son son tres os ámbitos a traballar.

1º.- "A prevención da delincuencia. É unha das alternativas máis potentes antes da privación da liberdade. Esta prevención é necesario que traballe sobre as causas e os procesos que orixinan a delincuencia para adiantarse á súa aparición, en lugar de propoñer solucións que "compensen" a situación unha vez que se produciu o delito". Non se pode esquecer que a delincuencia xuvenil, ten a súa raíz no tremendo baleiro de familia, na falta de oportunidades de traballo e de educación, que leva a moitos mozos para adherírense a grupos e formas de vida que atentan contra a sociedade.
2º .- O acompañamento no cárcere é fundamental. Sabendo escoitar. Tendo coñecementos sobre o problema penal para poder dar resposta adecuada. Todo iso buscando a transformación da persoa. Unha política integral de seguridade non pode esquecer a necesidade de renovar e humanizar constantemente o sistema penal, a súa organización, a súa mentalidade e as súas persoas para evitar que quede reducido a mera retorsión social ou unha sorte de vinganza institucional.
3º .- Como acollelos á volta.- "O respecto efectivo dos dereitos económicos, sociais e culturais, o apoio á familia, ás nais solteiras e ás familias desestruturadas, así como políticas de integración social de todos os grupos humanos vulnerábeis constitúen as maiores e máis eficaces actuacións preventivas da criminalidade".
E tamén falamos de traballar desde tres áreas: Relixiosa. Social. Xurídica.
Pois a isto imos dedicar hoxe a nosa primeira xornada-convivencia de pastoral penitenciaria.
E VALE DE ALGO? Di Mamerto Menapace: "Non temos nas nosas mans a solución dos problemas do mundo. Pero fronte aos problemas do mundo, temos as nosas mans. E cando o Señor da Historia chegue, cada día, vai ollar para os nosas mans. Cando o Deus da historia veña, ha mirarnos as mans.(...).

Intervención na I XORNADA-CONVIVENCIA DE PASTORAL PENITENCIARIA, celebrada en Ferrol el 22.06.2024.

Nieves Espiñeira Medín, é Delegada diocesana de Pastoral Penitenciaria.
Espiñeira Medín, Nieves
Espiñeira Medín, Nieves


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES