Aproveitando que o Arenteiro pasa polo Carballiño, dúas verbas xa que logo sobre este meritorio home que naceu pé do Arnoia no lugar da Ulfe, lugar de Marabillas, nas Terras de Celanova, éste home que ven sendo Don X.L. Reza Cabano, músico e compositor, tamén el marabilla sobre todo desta vila!
A andaina musical mesmo persoal do Reza, a que motiva esta homenaxe e memoria

coa sala que se lle dedica, a coñecedes tan ben coma min é foi narrada con verdade e agarimo hai un anaco.
O labor musical, educativo e humano do Reza ben se pode dicir, e eu o digo, chegou a ser patrimonialmente galego por ser sobranceiramente carballinés, moi desta vila desde sempre cruce de vereas, pousada e acougo de camiñantes e arrieiros de moitos mundos:/ entón si! Daquela sí: o Reza, camiñante tamén el e arrieiro de culturas, músicas propias e vilegas e bonhomía tal que unha artesa chea de pan quente ou un pipotiño de bon viño desta terra: bo viño e pan do forno con que o cura fai a misa e todos nós facemos a mesa de diario e de festa. / Así é e así foi e así debe de ser. Así foi o Reza, e así se amosa, verbi gratia, nesa inesquecible habanera, a "Carballinesa" do voso orgullo e fachenda. Orgullo e fachenda de ser ante todo, señores membros do Orfeón, voso refundador, voso mestre, vosa batuta e voso alicerce para daquela en diante... até o mestre Christian de arestora!
¡Carballiño, templo da Vera Cruz! Carballiño, Festival e encontro de Habaneras con voces e trenzas de mozas e mozos, de homes e mulleres de preto e de máis acolá, todos coroa do mestre X.L. Reza Cabano! ¡Carballiño outra volta: Antonio Palacios e X.L. Reza ( hipérbole?)!: Templo da Veracruz, "Misa da Veracruz" con recendo a mañás de pulpo á Feira ( polbo tamén?) e "Plegaria a Xesús Crucificado" aprés la lettre: solo de tenor e teclado, voz e mans de X.L. Reza Cabano, música e plegaria con amén e calderón de battimano contundente!!: como toda a súa produción e catálogo! Produción e catálogo acugulado algo así como de apetecidas troitas do Arenteiro e recendo, outra volta, ó "verde arume arpado" desta vosa terrra... de toda esta nosa benquerida terra!
¡Xosé L. Reza Cabano da Ulfe, do Carballiño, da Nosa Terra, destos lugares ; como quen dí, "de Galicia para o mundo"!
E non vai máis, miñas donas, meus señores! Desde a Elisa e o Leopoldo, desde a Ulfe, pé do Arnoia, aquí chegou, aquí escolou, aquí casou, aquí e a vós cantou, a todos quixo e segue a querer e a cantar: aquí, o Reza para sempre!!...
Daquela no seu nome, no da súa familia, e no de toda a música que el escribeu,grcias a todos, gracias ó Orfeón, gracias ó Carballiño, pola homenaxe e pola idea- monumento desta "Sala Músico X.L. Reza"/ ¡E que Dios volo paguiño! (aquí, hoxe, a 21 de xuño de 2024).
Enlace a Biografía de Xosé Luis Reza Cabano, en Galegos.