Meditacións
Déuseme todo poder no Ceo e mais na terra. ¡Ben demostrado o deixou, culminando aquela serie de milagres coa propia Resurrección! Pero o máis grande aínda foi quedarse cos pecadores, na Eucaristía, para telo cerca, asimilable, de avogado no noso preito contra o diabro. Como Deus, a súa Resurrección non me causa asombro: ¡non sería tal se non resucitase! O de irse e á vez, quedarse? ¡Iso foi, é, dunha bondade infinita, dunha misericordia inmerecida, pois a humanidade, os fillos de Eva, con algunha excepción, pero fomos uns malnacidos, uns desagradecidos, xeración tras xeración! Cando celebrou a Cea cos seus discípulos ben sabía que o íamos negar, desobedecer, traizoar..., e non obstante, concedeunos a fórmula máxica para facelo volver ao noso antollo, con só facer a Consagración en memoria súa!
Meditemos na súa bondade, na súa indulxencia, na súa xenerosidade: Por nós baixou do Ceo, ¡a un presebe! E por nós volveu ao Ceo, onde espera por nós, ¡sempre disposto a recibirnos na súa Casa!, pero deixándonos esa participación no seu corpo e no seu sangue. ¿A nosa correspondencia? Foi humillado por aqueles representantes da humanidade, nosos en definitiva, ¡ata a súa morte ignominiosa, nunha cruz!
Curou enfermos, multiplicou a comida dos famentos, ensinounos a comportarnos, a fórmula de comunicar, de pedirlle ao Pai...; un etcétera interminable, do que o Novo Testamento é tan só un resumen, unha alerta. Con tanto poder, amplamente demostrado, precisamente ante os ¿doutores? da Lei, estes foron capaces de berrar, de esixir: ¡Crucifícale, crucifícale! ¿Que faría calquera de nós ante tamaña inxustiza? Elemental: ¡Mandarlles aos raios que os fulminasen, precisamente alí, diante dos seus amigos, diante dos seus seguidores, os apóstolos! Sería outro milagre, pero máis milagre foi que se deixase facer..., para redimirnos! ¿Quen de nós faría outro tanto? ¡Só o Fillo do Home! O seu máximo abaixamento contrasta, -din os teólogos, e dino con toda razón-, coa plenitude de gloria que recibirá o Mestre coa súa Resurrección.
Na Misa de Resurrección: "A Ascensión de Cristo Xesús xa é vitoria nosa, e a onde se adiantou gloriosamente a nosa Cabeza esperamos chegar tamén os membros do seu corpo". ¡Aleluia! De aquí nace a esperanza de acadar o Ceo, e tamén a misión que realizamos na terra, pois ben o afirma o Evanxeo cando recolle estas verbas decisorias: "Déuseme todo poder no Ceo e na terra".
Ide, pois, e facede discípulos meus... Con este mandato, outra promesa: ¡Que estará connosco ata a fin do mundo! Un político diría: Estarei con vosoutros, organizareivos e protexereivos, ata que acabe o meu mandato..." ¡Xa; pero non é igual, porque Xesús reina desde antes, durante, e tamén post!
O seu mandato é irrevogable, sen limitacións de tempo, pero tampouco de espazo: "... Ide e facede discípulos a tódolos pobos!". ¡Xa, pero, como? Bautizándoos no nome do Pai, e do Fillo, e do Espírito Santo..., ensinándolles a gardar todo o que vos deixo ensinado".
Mestre, meu querido Mestre: Eu sei algo, pero pouco, de tantísimo que deixaches ensinado; estou disposto a compartilo, pero..., fáltame elocuencia, saber dicir as cousas! Ben sabes que os fillos de Eva andamos entre Caín e Abel, unha de cal e outra de area, así que non somos doados de convencer, de levarnos ao rego!
¿Que estará ata o final dos tempos? ¡Grazas, Señor, por esta, enésima, promesa, que falta nos fará! Ben sei que a túa Ascensión non te aparta de nós, nin impide a túa presenza na Igrexa; estoume lembrando do teu nome, un dos teus, aquel que o di todo: Emmanuel = Deus connosco.
Ben sabemos, tamén, que intercedes por nós ante o Pai, coa forza do Espírito Santo. ¡Que feliz me fai ser alumno dun Mestre absoluto, divino, bondade e sabedoría, todo en infinito! Nos meus estudios ensináronme como son as expresións matemáticas que tenden a infinito, pero ti, Señor, non tendes: ¡Es; es infinito!
Meditación do Papa Francisco: "También ellos han escuchado las palabras del mandato de Jesús: "Vayan, y hagan discípulos a todas las naciones". Nuestro compromiso de pastores es ayudarles a que arda en su corazón el deseo de ser discípulos misioneros de Jesús. Ciertamente, muchos podrían sentirse un poco asustados ante esta invitación, pensando que ser misioneros significa necesariamente abandonar el país, la familia y los amigos. Dios quiere que seamos misioneros. ¿Dónde estamos? Donde Él nos pone: en nuestra Patria, o donde Él nos ponga.
"Ayudemos a los jóvenes a darse cuenta de que ser discípulos misioneros es una consecuencia de ser bautizados, es parte esencial del ser cristiano, y que el primer lugar donde se ha de evangelizar es la propia casa, el ambiente de estudio o de trabajo, la familia y los amigos. Ayudemos a los jóvenes. Pongámosles la oreja para escuchar sus ilusiones. Necesitan ser escuchados. Para escuchar sus logros, para escuchar sus dificultades, hay que estar sentados, escuchando quizás el mismo libreto, pero con música diferente, con identidades diferentes. ¡La paciencia de escuchar! Eso se lo pido de todo corazón. En el confesionario, en la dirección espiritual, en el acompañamiento. Sepamos perder el tiempo con ellos. Sembrar cuesta y cansa, ¡cansa muchísimo! Y es mucho más gratificante gozar de la cosecha... ¡Que vivo! ¡Todos gozamos más con la cosecha! Pero Jesús nos pide que sembremos en serio. No escatimemos esfuerzos en la formación de los jóvenes". (Homilía de S.S. Francisco, 27 de julio de 2013).
-.-
¿Que fixo Santiago por nós?
Obedecendo as ordes do Mestre, presentouse na Gallaecia... Pero antes diso, a súa biografía, que moito falar de Santiago, de tan familiar que nos resulta, e pouco coñecemos da súa historia persoal.
Santiago, Sant-Iago, Santiago o Maior, que este é o nome que lle puxemos, en tradición cristiá, era, foi, Santiago o de Zebedeo, fillo de Zebedeo e de Salomé, irmán de Xoán o Apóstolo, e un dos doce que non abandonaron a Xesús. Nado en Betsaida (Galilea), -¡ata o nome lle tiraría para virse á Gallaecia!-, xunto con seu irmán, e con súa nai, foron dos primeiros seguidores do Mestre. Estaban pescando no lago de Xenesaret. Segundo se desprende da Biblia, tanto Santiago, como Xoán, e Simón Pedro, foron os discípulos con máis confianza e trato con Xesús; así, Santiago estivo presente nos grandes milagres de Xesús, tal que a resurrección da filla de Jairo, a súa transfiguración, e tamén a transfiguración de Xesús e maila súa aparición, de resucitado, nas orelas do Tiberíades. ¡Canto máis amigo, máis obrigado; lóxico!
Hai dúas teorías: Uns opinaron que subiu, por mar ou por terra, ata a Gallaecia; e outros que desembarcou en Tarraco e que comezou predicando polo Val do Ebro. ¡Dá igual; a súa meta estaba na actual Galicia! Do que non teño dúbidas é de que, desilusionado pola nosa desconfianza, ía para Roma, para embarcar na Tarraco, pasando pola Caesaraugusta, casualmente cando estaban levantando as columnas, os piares, da que logo sería Catedral, e alí saíulle ao Camiño a Virxe para animalo a que tivese paciencia connosco, cos galaicos, etc., etc.
A súa tumba. Segundo a tradición, Santiago foi martirizado en Xerusalén entre os anos 41 e 44, por orde de Herodes Agripa I, rei dos xudeus e neto de Herodes o Grande. ¿En que, e como, o trouxeron? Iso da "lancha de pedra" eu interprétoo como que veu nunha daquelas lanchas que levaban para Exipto as pedras de Porriño... ¡Sexa como fose, o caso é que, agradecidos que somos, dámoslle a veneración que lle corresponde! ¿Se non viñese Santiago á Gallaecia, que sería de nós? ¡Non quero nin pensalo!
¿Que fago eu por Santiago? Pola actualización do seu Camiño algo teño feito, pero iso xa o dixen noutros libros, así que agora tócame ser humilde.
Entrada ao lugar de San Miguel do Camiño, (Castroverde), primeira pista que tiven de que esta toponimia, aquilo dun Camiño, na Vía Romana, daquela esquecido, tiña que ser, ¡fora!, o paso do Camiño Antigo,
do Ástur, o mesmo que seguira Afonso II. Esa cuncha da esquerda púxose moito despois. Gómez Vilabella, Xosé M.