Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 25 de junio de 2024
Unha parvada deitada sobre unha matogueira

Botei a correr para analizar catro pingas de orballo e un ramallete de flores de loureiro. A análise deu unha parvada deitada sobre unha matogueira. Agora cada quen que busque a flor do toxo no medio do monte Medo. Eu rocei moitos na ladaíña dos tempos. Aqueles tempos nos que non quedaba outra que rozar e orar, rozar e orar.
Correndo atopei un parágrafo a medio escribir e un debuxo no que certos camiños Pingas de Orballose cruzaban con outros e cinco pontes cruzaban o mesmo río. Souben e vin ó momento que o debuxo representaba o meu lugar de nacemento. Alí estaban as pontes das Cabras, de Pinouzos, a ponte Nova, a ponte Vella e a ponte das Cepas. Corrín dunha á outra ata que as alcancei todas.
As pingas de orballo, ó correr, mollábanme os pés e as zapatillas eran coma remos roídos pola couza, polo caruncho.
Todo se filtraba e as ansias entraban e saían como lles daba a gana. Tamén é verdade que non me preocupaba.
Eu seguía correndo e ulindo o recendo, a fragrancia do loureiro. Aínda que as que me facían brillar os ollos de desexo eran as flores das toxeiras.
Botei a correr para chegar canto antes ó lado escuro da lúa. Levoume algo de tempo porque non son ningún compoñente de Pink Floyd. Porén, cheguei. E, ó chegar, a escuridade daquela revirou para a claridade ante o empuxe da miña ansiedade. Non hai coma o poderío da lúa vella. Agora cada quen que soñe con etapas nas que un día corres de présa e outro tan só trotas. Rematei a xornada deixando sobre un dos cráteres da lúa o ramallete de flores de loureiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES