Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luis Pereiro Vázquez

viernes, 24 de abril de 2009
Ven de tributarselle unha lembranza á primeira corporación democrática de Monterroso, que estivo presidida por Luis Pereiro quen, en sucesivas lexislaturas, foi alcalde do concello durante máis de vinte anos. A súa xestión é merecente de ser lembrada. Quedará na historia. E quedará para a historia, que Luis Pereiro foi o primeiro alcalde de Monterroso que resultou elexido deputado provincial. Pero, o verdadeiramente relevante, é o labor de Luis a pról da terra que o veu nacer.
Luis Pereiro é meu amigo e segue a selo. Seguramente por esta amizade, no acto
que tivo lugar na Casa do Concello de Monterroso, recolleo no seu discurso de agradecemento, uns trincos dun poema ou cantiga que lle escribín hai tempo (non teño memoria de cando), sobre a mesa dun establecemento hostaleiro de Monterroso. Dediqueillo a él. Eu perdera a memoria do cantar. Non sabia da súa existencia. Quede aquí, en Galiciadixital, a cantiga completa e, tamén, o que Luis dixo o día 24 deste mes de abril ao remate do acto.

CANTIGA DE MONTERROSO
(a Luis Pereiro Vázquez)

Ten Monterroso un pasado,
que sempre renacerá.
Auguiñas dun río claro
e unhas fontes de cristal.

Ten Monterroso un futuro
aberto cara o nacente.
Ten Monterroso uns camiños,
para andar decentemente.

Nacín en terras bonitas,
en Monterroso criei.
Cóntame de Monterroso,
que é a miña terra de lei.

Monterroso ten un río,
que baixa con auga crara.
Quen naceu en Monterroso
ten o verdor na palabra.

Ten o verdor da palabra
e uns falares aledosos.
Cantan as augas do Ulla
o cantar de Monterroso.

Por antigas pasantías,
vieiros a Compostela.
Camiñan os peregrinos
amodo por estas terras.

¡Andar por estas vereas!
¡Vagar por estes camiños!
Non son sendas repetidas
¿Quen pode dicir o mesmo?

Que ben se recrea o Ulla
nestes paisaxes que fitan.
Como cantan súas augas
en solfas xamais escritas.

Cantan as augas do río
o cantar de Monterroso.
As fadas bailan nas noites
cos seus manteos seosos,

Danza a lúa nos veráns,
roxa, redonda e crecente
Trinta estrelas brillan xuntas
no fulgor dun ceo ardente.

En Monterroso nacín,
en Monterroso criei.
Son como son, e serei;
mais ésta, ¡é terra de lei!.


E ata aquí a cantiga compreta. Deseguido o discurso pronunciado por Luis Pereiro,


A PRIMEIRA CORPORACIÓN DEMOCRÁTICA DE MONTERROSO
(Luis Pereiro Vázquez, Monterroso, 24-04-09)

Un moi benquerido amigo, non sei onde, ni cando, nin en que ocasión, escrebiume e recitoume o seguinte poema:

Ten Monterroso un pasado,
que sempre renacerá.
Auguiñas dun río claro
e unhas fontes de cristal.

Ten Monterroso un futuro
aberto cara o nacente.
Ten Monterroso uns camiños,
para andar decentemente.

Nacín en terras bonitas,
en Monterroso criei.
Cóntame de Monterroso,
que é a miña terra de lei.

Estes versos fágoos meus porque manifestan un sentimento de amor a Monterroso, que, naturalmente, comparto.

Ilustrísimo señor Alcalde, membros da corporación Municipal, donas e señores. Veciñas e veciños. Benqueridos amigos todos.
Non vou andar por vereas que se andaron. Nin facer balance algún. Nin rexeites. Nin lembranzas. Nin consellas. Nin vou caer na tentación de rememorar feitos do pasado.
Agradezo á actual corporación este recordo á primeira corporación democrática e á miña persoa.
Só intentarei deixar aquí unhas reflexións.
Monterroso era o que era. Hoxe é o que é, e ten o que ten.
Tivo, permitídeme dicilo, o primeiro deputado provincial da súa historia. Eu contei con esa honra.
Fun alcalde por anos, hónrome tamén de telo sido.
O meu partido político foi sempre o mesmo: ¡Monterroso!.
Sempre Monterroso por enriba de todo.
Diante calquera circunstancia, primeiro, Monterroso.
Quixen ser un alcalde de todos e para todos. Se o conquerín non o sei. Con todos falei e a todos atendin, sen botar contas de quén, ou por onde andaran as votacións.
Para falar ou resolver, non era mester entrar no despacho da alcaldía. E menos sacar a boina.
Descubrirse, só antes o santos, e eu non o son, afortunadamente.
Estaba, e estou, ao servizo da miña terra: de Monterroso.
Isto é o unha das maiores satisfaccións que se pode ter.
Xa dixen, que non son quen para facer balances. Nin é o momento, nin é lugar, nin é oportuno; nin tería importancia.
Sí quero lembrar a quenes formaron conmigo a primeira corporación democrática e que non están nesta vida.
Aos finados Ramiro Barrrio Montenegro, Roberto Calvo Darriba, Xosé Campelo Vázquez e Xosé Moreiras Santiso. Para eles o meu afervoado recordo e no nome de Monterroso o agradecemento pola súa contribución, e o meu profundo sentir polo seu pasamento.
Cando eu chegue cabo deles, se nos atopamos, falaremos; mentras tanto, unha fortísima aperta e o meu cariño.
E ós compañeiros vivos, que tamén integraron esa primeira corporación democrática que eu presidín: Luis García García, Aurea Novo Varela, José Pardo Carballo, José Mario Rey Alvelo, Manuel Souto Vázquez, Manuel Varela Carnero, Luis García Rojo e Antonio Gato Soengas.

E remato cos versos do meu apreciado amigo:

Monterroso ten un río,
que baixa con auga crara.
Quen naceu en Monterroso
ten o verdor na palabra

¡Andar por estas vereas!
¡Vagar por estes camiños!
Non son sendas repetidas
¿Quen pode dicir o mesmo?

En Monterroso nacín,
en Monterroso criei.
Son como son, e serei;
mais esta, ¡é terra de lei!.


Grazas, e boa sorte para Monterroso e para todos.

Luis Pereiro Vázquez (24-04-09)

Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES