Xesús Castro Vidal polo mar da liberdade
Santalla, Iago - miércoles, 26 de junio de 2024
Meu amigo, nesta partida definitiva, quero invocar para ti o mar da liberdade que ben cantou Benedicto naquela "Nosa señora da Guía" que se cruzou coa "Chula da Póvoa" do Zeca. Fágoo porque sei que ti pasaches por todas as ondas dese mar e hoxe dicir o teu nome é pronunciar a liberdade.
Fuches titán na barbarie e dela repuxécheste para racharlle as cadeas e emerxer de novo ao ar puro dun país ceibe. Moito fixeches e sabes que aquí fican corazóns de amor latexando como campás polo teu recordo.
Agora que bogas libre agardo que a eternidade te acolla no amor de Manola. Xuntos para sempre boa proa levedes. Nós, seguimos contigo no corazón e bandeiras de liberdade na alma. Falaremos de ti porque vas en nós.
Día a día habemos sentirte na forza que dá loitar pola liberdade. Vas con nós, Xesús, vas con nós!
Unha aperta e viva a República pola túa eternidade.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora