Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

10 anos e un día

Gregorio Montes, Antonio - viernes, 21 de junio de 2024
'X máis un día' teño entendido que é a expresión dun tempo en clave xurídica para que non se lle poda rebaixar de golpe unha sentencia a alguén, quedando como posibles só rebaixas parciais, encadradas dentro da mesma categoría de gravidade que o feito penado co de 'X máis un día'.

Pois onte, 19 de xuño, o rei actual da monarquía española cumpriu 10 anos de monarca. Cabe resaltar que accedeu a ese posto por herdanza, por suposto, pero ademais, non por morte do seu predecesor, senón por abdicación. Algo que, din, salvou unha monarquía desprestixiada por diversas accións do monarca. E onte mesmo, un diario revela que o actual rei mantivo contactos co plutócrata presidente emir comandante supremo emiratí acolledor do abdicado monarca antecesor, nas datas anteriores e posteriores a ir vivir ós soleados lugares do golfo. Mentres, de portas a fóra o monarca facía acto de cortar comunicación co seu antecesor na cadeira real. Iso, hai xa anos.

Case vinte e nove anos antes dese 19 de xuño de 2014 que se lembrou onte, era o agora emérito quen era coroado rei á morte do ditador, en cumprimento da lei de sucesión na xefatura do estado de 1947. Tres anos máis tarde estaría inscrito na constitución xa democrática que o estado español é unha monarquía parlamentaria. Texto, por certo, que comeza co seu nome a título de rei de España, precedendo a calquera outra afirmación constitucional, incluída a citada antes do artículo 1º da Constitución. Despois de varios anos residindo fóra, e non cotizando aquí, o pasado ano recomezou as visitas a algún dos seus antigos vasallos en territorio peninsular.

Agora, na celebración dos dez anos de reinado do segundo rei despois de Franco, somos informados de que a princesa Leonor levaba un vestido de Roberto Verino, galego el, e de que puxo unha nota entrañable de paso que lle daba as grazas ó pai (non en nome do pobo, senón como filla) polas ensinanzas recibidas. Creo lembrar que no seu momento, o actual rei fixo algo parello (dar as grazas) co rei anterior (o que dimitiu), antes da serie de escándalos que dez anos despois de dimitir e unha labor continuada de propaganda, parece que vai chegando atenuada ós nosos oídos. Cabe lembrar que a princesa será a próxima monarca? Si, cabe lembrar que está a prepararse o camiño para unha monarca entrañable. Quizais sexa o adxectivo elixido para caracterizar ese período futuro de monarquía, entrañable, como para o anterior foi 'campechano'. Coido que o actual non tivo unha preparación semellante (preparación de adxectivo, digo) por falta de tempo ó ser unha transición precipitada pola abdicación; o termo 'preparado' aplicado ó actual monarca foi algo do momento, asegurando un valor para os primeiros tempos, que despois foi esquecéndose.

Agora estamos xa no segundo decenio de reinado. Pasamos pois a outra categoría: de aí os festexos celebrados.

Quedaría moito por dicir, as vidas dos reis pasados enchen coleccións de libros. E a preparación indica que tamén quedará moito por saber e dicir no futuro.

Un detalle final: o dicionario da RAG axusta que Rei se escribe con maiúscula cando se trata de nomear ós Reis Magos, pero non noutro caso.
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES