Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Protección de animais

jueves, 23 de abril de 2009
En tempos, coutar ós animais en liberdade era práctica normal entre os labregos. Os animais -vacas ou bestas- quedaban soltos nos montes comunais onde vivirían a maior parte do ano.

Pero nos casos nos que non se quería que os animais tivesen mobilidade ou cando houbese perigo de que se desmandasen, os animais serían coutados con “soltas” que no caso das ovellas eran de corda ou de pel pero para vacas e bestas ou se lles ataba unha pata dianteira á oposta traseira ou se colocaban uns estrobos de madeira de máis dun metro de longo colocados nunha pata de xeito que se dificultaba enormemente os desprazamentos. Esas pezas fíxanse con grandes clavos de ferro ou de madeira que agora se estima que co tempo poden danar as patas dos animais.

A costume seguíu pero xa non é políticamente correcta, e está prohibida polas autoridades competentes. Os propietarios de animais argumentan que é preciso colocar esas trancas nas patas para evitar danos nos cultivos ou que accedan ás estradas, e o Seprona encárgase de perseguir estas prácticas e de dar conta á Consellería do Medio Ambiente, polo presunto maltrato ós animais, polo que xa se teñen imposto multas de ata tres mil euros.

O costume ten séculos de antigüidade, pero visto con ollos de agora non é xustificable. O que durante centos de anos foi habitual, agora precisa cambiarse porque os animais poden sufrir con esta práctica.

O último acto, por agora, é a detención de dúas persoas en Lousame por colocar trinta e un destes cepos a outras tantas reses de gando cabalar. O problema segue. Segue porque a tradición pode aínda moito, e a conciencia dos dereitos dos animais entra lentamente cando se trata con eles de xeito habitual.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES