Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querido Mestre, que obrigado che estou! (12)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 18 de junio de 2024
A xustiza, a misericordia, a fidelidade...; tantos chanzos e tan necesarios para subir á Gloria, á verdadeira, a de maiúsculas, pero o noso ego tira para abaixo, sentímonos máis felices descendendo que ascendendo. ¿Haberá ascensor para subir ao Ceo? ¡Si que o hai, témolo, como queda dito: os Evanxeos!
"...¡Cobras, niñada de víboras! ¿Como ides escapar da condena do inferno? Porque, ollade, eu mándovos profetas, sabios e letrados; a uns matarédelos e crucificarédelos, e a outros flaxeládelos nas sinagogas, perseguíndoos de cidade en cidade. Así recaerá sobre vós todo o sangue inocente vertido na terra, desde o sangue de Abel, o xusto, Querido Mestre, que obrigado che estou! (12)ata o sangue de Zacarías, fillo de Baraquías, ó que matastes entre o santuario e o altar. Asegúrovos que todos estes crimes recaerán sobre esta xeración".
¡Deus, cámbiame de compañía mundana; pásame, déixame estar, na dos galegos honrados, que son, que somos, na inmensa maioría, mansos e humildes de corazón; iso si, iso foi, despois de catequizados polo Fillo do Trono; mandáchesnos o apropiado, o axeitado; grazas, Señor, outra vez, que non me cansarei de darchas!

O amor significa lealdade, lealdade inquebrantable; mesturar, e peor aínda, sobrepoñer outras adhesións, é incompatible; ¡ou se está comigo, ou contra min, dixeches! Amar a Deus, e de paso ao próximo coma a min mesmo, non admite alternancias. ¡Non caben desercións: no exército de Deus, ou no dos seus inimigos; que non hai campo neutral! Pensémolo ben antes de desertar, que ben nolo dixo o Mestre: Eu son o Camiño, a Verdade e maila Vida.

Xesús, coa verdade absoluta, irrefutable, mostrounos o Camiño; ¡mostróunolo con Verdade! O seu Camiño é o único que leva á Vida eterna, á gloriosa; a outra vía tamén é eterna, pero, dolorosa! Deus, bondade infinita, tamén sabe castigar; xa tivemos unha experiencia diso, aquela do Paraíso!
-.-

A paixón

Conspiración contra Xesús. (Mt 26, 1-5; Mc 14, 1-2; Lc 22, 1-2; Xn 11, 45-53). "Cando Xesús rematou este discurso díxolles ós seus discípulos: -Xa sabedes que pasado mañá é a Pascua e van entrega-lo Fillo do Home para que o crucifiquen. Entón reuníronse os sumos sacerdotes e mailos senadores do pobo no pazo do sumo sacerdote chamado Caifás, e ordenaron prender a Xesús á traizón e matalo. Pero dicían: "Durante a festa non, para que non se arme un rebumbio cando hai aquí tanta xente".
Señor, achégase a túa hora, pero tamén a nosa. ¡Xa non te aguantan máis; as verdades téñenos doentes; vense en coiros, coma Adán e mais Eva cando os botou teu Pai do Paraíso; os pecados é o que teñen, conducen á morte, e ti es a Vida, inimigo permanente da morte; por algo, ¡por moito!, te quería matar. A nosa vida, porque vas redimirnos con aquela paixón voluntariamente aceptada, que isto hai que subliñalo!
Teu Pai, noso Pai, ofrecía, en sacrificio, ao Fillo, que é a ofrenda máxima. Estoume lembrando que algo parecido estivo disposto a facer Abraham co seu fillo Isaac.
Querido Mestre, que obrigado che estou! (12)
Aquilo de Abraham tiña moito significado, pero non adoitamos pararnos no caso: ¡Era a fórmula sublime da rendición das penas ante o Pai ofendido: sacrificar o Fillo porque, se grande fora a ofensa, enorme tiña que ser a sanción! No caso de Abraham tratábase de darnos unha lección, e por iso Deus dixo: ¡Basta; quedo satisfeito, así que chégame co carneiro! O sacrificio de Xesús foi tan dramático, tan sublime, tan definitivo, que non fixo falta outro: o cordeiro de Deus, para sempre, Xesús!
Neste punto eu póñome de xeonllos, que non é para menos; e se alguén está conforme, que me imite!
Unción en Betania. (Mt 26, 6-13; Mc 14, 3-6; Xn 12, 1-8). Este capítulo vouno reflectir íntegro, pola devoción que lle teño: Foi unha das ocasións, unha máis, na que Xesús, ¡contra o machismo da época!, enxalzou á muller. ¡Algún día verémolas no presbiterio! "Estando Xesús en Betania na casa de Simón o gafo, achegouse a el unha muller con un frasco de alabastro cheo dun perfume moi caro, e untoulle a cabeza mentres estaba recostado á mesa.

"Ó veren aquilo, os discípulos indignáronse dicindo: -Pero a que vén este estrago? Podíase vender por moitos cartos e dárllelos ós pobres! Xesús, decatándose, díxolles: -¿Por que molestades a esta muller? Ben está o que fixo comigo. Ós pobres sempre os tedes convosco, pero a min non sempre me teredes. Unxindo con este perfume o meu corpo, preparoume para a sepultura. Asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase, para honra dela, do que acaba de facer".
¡Que envexa che teño, rapaza, polo teu achegamento, pola honra que lle tributaches ao Mestre; eu non teño perfume, pero si bagoas..., polos meus pecados, obviamente; aceptaramas Xesús?
Traizón de Xudas. (Mt 26, 14-16; Mc 14, 10-11; Lc 22, 3-6). "Entón foi un dos doce, chamado Xudas Iscariote, onda os sumos sacerdotes e díxolles: -¿Canto me dades se volo entrego? Eles acordaron darlle trinta moedas de prata. E desde entón andaba buscando o momento axeitado para entregárllelo".
Señor, dóbranseme as pernas, e póñome a tremer, só con lelo, con acordarme diso. ¡Xa fai falta ser canalla para semellante traizón despois de oílo, despois de verlle os comportamentos, os milagres...! ¿Trinta moedas? ¡Trinta demos aconsellándote, soprándoche ás orellas! E con isto tramado, detrás do Mestre, seguíndoo, incluso participando da Cea Eucarística... Pásame algo parecido a cando me falan, a cando leo ou vexo na tele, eses crimes inexplicables... ¿Quen di que xa non quedan endemoñados? Por tolo que se estea, certos crimes parecen imposibles, imposibles de cometer; ten que haber un sopro, unha forza demoníaca que domine, que teña posuído ao criminal.
Pero no caso concreto de Xesús a matinación é insoluble para as nosas luces: O Mestre, o Mesías, sabía de antemán o que ía pasar; o Pai sometíao a unha Paixón terrible que redimise a toda a humanidade; ¡El aceptouna voluntariamente! Mais para consumar ese crime innomeable facía falta un acusador, un detractor..., un criminal! ¿E quen mellor que un achegado, un seguidor, un oportunista? ¡En definitiva, alguén que non soubese o que facía porque, de sabelo, ninguén se atrevería; salvo Satán, por suposto! ¿Era asasino o puñal de Abraham? ¡Non; que foi simplemente un instrumento! Daquela, pensando con mentalidade humana, ¿caberá dentro do posible, lóxico ou non, que esta vítima perdoase ao traidor? Arrepentimento (suicidio por arrepentimento) si que o houbo. Daquela mellor será deixar esta pregunta para os doutores da Igrexa, aínda que, de ben pensado, non nos interesa sabelo! ¿Quen somos nós para xulgar ao Xulgador Divino? Se Deus nos admite na súa Gloria, ocasión teremos de ver o sitio, ¡ou o baleiro!, daquel Xudas.
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES