Tarabelas? Non queremos tanatorios!
Cabada Castro, Manuel - lunes, 17 de junio de 2024
As catorce no reloxo serían.
De altos e barís cirrios escuadróns
dende o máis alto dábanme leccións
ás miñas decrecentes enerxías.
No cumio das alturas montesías,
do val dono e das miñas emocións,
entre o mato vivo e o lucente sol,
forte alí clamei: esta terra é miña!
De onda nós a levar están -ai dor!-
fontes nosas, ríos, airiños nosos,
mesmo arrincándonos o corazón.
Pas temos nós pra pan meter no forno.
As vosas levádeas á terra vosa!
Aquí non precisamos tanatorios!
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora