Labregos da humanidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de junio de 2024
A historia da humanidade escribímola todos no día a día.
Os libros de historia só narran certos feitos de personaxes destacados; pero a realidade diaria escribímola todos aínda que sexa de forma anónima.
Cada persoa escribe o seu libro individual co seu propio xeito de vida.
Pero a historia individual tamén inflúe na historia colectiva.
De tal maneira de que todo canto facemos repercute para ben ou para mal, directa ou indirectamente na vida dos outros.
AÍNDA QUE NON NOS PAREMOS A PENSALO, A NOSA DIMINUTA HISTORIA REPERCUTE NA HISTORIA DA HUMANIDADE.
Por eso é moi importante o esmerado coidado da nosa historia persoal, cómpre moita e moi boa educación.
Tanto é así que desde que temos uso de razón, preocupámonos polo noso coidado persoal e por ser mellores cada día.
Os nenos pequeniños non se miran ó espello para saber se son loiros ou morenos, altos ou baixos, atléticos ou pícnicos; pero en canto van medrando xa lles preocupan eses detalles, porque van tomando conciencia.
IMOS TOMANDO CONCIENCIA
Conforme imos medrando, imos tomando conciencia de quen somos, como somos, a quen nos parecemos e xa imos collendo unha perspectiva do noso futuro.
Soñamos con ser: labregos, mestres, científicos, empresarios...
Aí comeza a nosa responsabilidade como LABREGOS DA HUMANIDADE.
Hoxe en día o traballo dos labregos está infravalorado; pero sen eles morreríamos por inanición.
Ós labregos debémoslles o alimento corporal.
Ó profesorado a alimento intelectual.
Ó clero o alimento espiritual.
Ós psicólogos o alimento psicolóxico.
E así co resto das profesións.
TODOS TEMOS UNHA MISIÓN NA VIDA.
Por eso todos somos labregos da humanidade.
O labrego traballa de sol a sol e aínda de noite cavila como planificar o traballo do día seguinte, se as condicións meteorolóxicoas axudarán, se nacerá o sementado hoxe, etc, etc...
O labrego por conta propia non entende de horarios, ten dedicación exclusiva.
Aproveita o tempo toda a súa vida mentres as forzas llo permiten.
Por eso a vida do labrego é moi exemplar.
O LABREGO É UN BO EXEMPLO
Todos e cada un de nós, independentemente da orixe, formación académica, clase social, profesión...
Todos somos labregos da humanidade.
Debemos imitar ós labregos no tocante a emprega-los nosos talentos a fondo no cultivo da "parcela" que nos toca.
Todos temos a nosa "parcela" persoal para labrar.
Cadaquén desde o seu posto porque todos somos importantes.
TODOS SOMOS IMPORTANTES
O empresario é moi importante para o traballador e viceversa.
O profesorado é moi importante para o alumnado e viceversa.
O clero é moi importante para os crentes e viceversa.
O personal sanitario é moi importante para os doentes e veceversa.
O personal de oficina é moi importante para documentar os bens e a propia vida e viceversa.
O goberno é moi importante para os gobernados e viceversa.
Por eso: tódalas profesións son dignas cando se realizan dentro da moralidade e da legalidade.
MORALIDADE E LEGALIDADE
Legalmente esíxesenos un rendemento nas empresas e se non o cumprimos, expoñémonos a perde-lo posto de traballo.
Moralmente deberíamos facer todo a conciencia como se fora para nós mesmos; pero o umbral de responsabilidade de cada persoa é diferente.
Hai persoas sumamente responsables que son as que tiran do carro do mundo en sentido positivo.
As irresponsables, deberían pensar en poñerse a tratamento porque son un problema para elas, para a súa familia e para a sociedade.
Parece ser que ó paso que imos, o da moralidade está algo esquecido:
Non dámos o mellor de nós e desperdiciamos tempo, talento e condenámonos a nós mesmos.
As autoridades e a educación teñen moito que facer nese campo; pero a quen lle toca a peor parte é á familia.
¡Pobres familias cando a moralidade falla!
¿Qué lles deparará o futuro?
Esquécense que o futuro prepárase no presente.
Futuro e presente van collidos da man.
"COLLIDOS DA MAN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora