Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (30)

Otero Canto, Xosé - viernes, 28 de junio de 2024
Como se fai para mirar unha vaca nunha feira antes de mercala

1.6.- Despois de mirarlle os "gándulos da braga" hai que ver se "AMOECEN", para iso, cóllense polo rabo e xenégase para un lado e para o outro para mirar se se cortan pola Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (30)parte de atrás, no lombo, alí na xunta dos xamóns onde "amoecen", porque se lles xogan e se lles abren os ósos dun lado e do outro da croca.

Fan un corte ou un furado no que lles poden coller os dedos e se isto ocorre quere dicir que non son seguras para traballar, nin tampouco son bonitas.

1.7.- Finalmente "PASÉANSE" tirando por elas pola corda. O que isto fai ha de levantar a corda e agarrala curta para que a vaca levante a cabeza e pareza máis bonita e así lle entren máis as ganas ao comprador, tamén se pode deixar en liberdade para ver se a vaca ten ou non ten "A CHAMBRA". A chambra chámase así cando a vaca ao andar cruza algunha das pernas para dentro, torcendo a andadura e polo tanto non pasea ben.

Pola chambra, as pernas de atrás "rodan", fan como un rodeo, ou as veces quedan un momentiño cun pé algo teso.

Tamén se mira que sexa elegante ao andar.
(Continuará...)

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES