Como se fai para mirar unha vaca nunha feira antes de mercala
1.5. Despois de revisarlle as Costelas, míranselle os "Gándulos da Braga".
Que son os "gándulos"?

Os gándulos son uns bultiños que teñen polo lado de fóra, arriba do ubre; os ditos gándulos teñen que ser moi pequenos ou pequerrechos, en caso contrario, é dicir, se son grandes, o máis probabel é que sexan cancerosos.
A "braga" chámaselle á parte que está arriba do ubre e adiante das pernas de atrás. Para mirala, botáselle a man a un lado e despois ao outro, xenegando as mans un pouco pois ao tocalas coa man, móvense un pouquiño e por este método recoñécense e sábese se son ou non son iguais porque non é boa cousa que sexan desiguais.
Se por se acaso son desiguais, non hai ninguén na feira que merque a vaca, a non ser que non entenda nada de vacas.
(Continuará)
Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero