Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noite electoral

Xiz, Xulio - jueves, 13 de junio de 2024
As primeiras xornadas electorais da democracia resultaron inesquecibles para os que as vivíamos desde os medios informativos e contabamos o que acontecía naqueles días de "viño e rosas" que a liberdade permitía. Alfombrábanse as rúas con panfletos, pegábanse carteis con entusiasmo de novicios, os altofalantes enchian as rúas. As campañas eran intensas, boca a oído, porta a porta. Europa aínda era unha quimera. Nacían e renacían partidos. Algúns candidatos, mantiñan o "don" antes do nome.

As noites electorais na radio eran festas con programas especiais, compañeiros nas sedes dos partidos e todos os teléfonos (fixos) soando sen parar. Non había sondaxes feitas polas rúas e, pechadas as urnas, as actas dos centos de colexios electorais ían chegando unha a unha ao Goberno civil que centralizaba o reconto. Chegaban visitantes amigos para a tertulia na longa espera, cada vez máis expectante segundo avanzaba o reconto. E ás tres ou catro da mañá, exhaustos, poñíamos fin á longa espera sen que tivesen chegado os resultados dos lugares máis aillados.

Este domingo votábase Europa; votamos os que votamos. E se ao peche dos colexios se nos ofreceron enquisas que case clavaron os resultados, houbo que agardar tres horas a que pechasen os colexios italianos, para que os nosos votos non interferisen nas súas decisións. Tralo repentino resultado oficial, acabouse a expectación, cada quen analisou o resultado, e agás os que non sacaron nada, todos contentos; respiraron tranquilos. A técnica reduce incertezas e misterios. Agora, a incógnita do resultado nin siquera emociona aos que se xogan nel a facenda e a vida.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES