Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 12 de junio de 2024
Localizando o obxecto

Localicei o obxecto. Estaba metido nun dos recantos da memoria. Aquel no que a conciencia nin arre nin xo. Noutros recantos non había nada. Tan só o baleiro dunha esperanza frouxa, case inexistente. O obxecto non era grande nin pequeno; era segundo o tamaño do latexo que sae cando o corazón bombea. Ás veces, o sangue tamén bombea por culpa das emocións ou das carraxes.
Localicei o obxecto que se acubillara aí de cando os recordos eran historias que se contaban ou Pingas de Orballonon, que se inventaban ou non, pero sempre estaban á espera dunha explosión repentina. Xa o tempo dirá se o obxecto era digno da realidade que se abraza a cada un. Non todos alcanzamos esa inercia na que todo flúe con parsimonia e a vida camiña, moi suavemente, polas corredoiras da épica.
O obxecto seguía o ritmo dos latexos e choutaba da morriña á infancia, da rebeldía á xuventude, da sensatez á idade adulta e da realidade ó tempo no que estamos. O obxecto facíase grande coa explosión dun berro e minguaba coa quietude do silencio, corría detrás dun desexo e freaba ante a indiferenza dun sentimento. Ó obxecto non lle quedaba outra que xunguirse ou atarse á fantasía dun soño.
Acabei por meterme nese recanto da memoria para aloumiñar o obxecto. En cada caricia medraba, e en cada estirón un suspiro rachaba o silencio. O obxecto cobraba vida de tal maneira que, nun arre, choutou ó sermón dos recordos e, nun xo, parou para que estes aterraran, con moita calma e coa boa letra, sobre a páxina en branco dunha ilusión, a miña ilusión.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES