Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agustín e Alberto

martes, 21 de abril de 2009
Agustín Hernández é un Deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular, que foi director Xeral de Obras Públicas na Administración deste Partido que gobernou ata o ano 2005. Alberto Núñez Feijoo é o Presidente actual da Xunta de Galicia.

O Goberno do Presidente Touriño agardou ó final do seu mandato para abrirlle expediente a Agustín Hernández por presuntas irregularidades en relación coa Lei de Incompatibilidades de 1996, que impiden a un cargo público traballar nunha empresa vinculada coa súa actividade ata dous anos despois de cesar no seu cargo.

Había rumores de que Hernández podía ser nomeado para un alto cargo no próximo goberno da Xunta de Galicia e a iniciativa do goberno que finalizaba o seu mandato parecía dunha banda unha pataleta e doutra o desexo de reventarlle a posibilidade a Feijoo de contar cos servizos deste político.

Non cabe dúbida que Alberto Núñez Feijoo, ademáis de confiar cegamente no seu compañeiro de partido, aposta forte cando sen resolverse o contencioso planteado polo goberno cesante o nomea para ao importante cargo de Conselleiro de Medio Ambiente o Territorio.

Feijoo barallou e deu cartas. Comeza o xogo!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES