Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas sabias e santas

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 13 de junio de 2024
Aínda que pareza mentira, todos coñecemos persoas sabias e santas.
Son persoas de tódalas idades e de tódalas condicións sociais.
A sabedoría e a santidade están ó alcance de tódalas persoas de bo corazón independientemente do seu estatus económico, académico ou social.
Hai criaturas de poucos anos que saben estar e saben cumprir cos deberes propios da súa idade, porque teñen detrás o apoio dunha familia exemplar.
Hai persoas adultas que saben estar e tamén saben cumprir.
Non é condición determinante o nivel económco ou o nivel de estudios, aínda que estos inflúan.
Se así fora os pobres e ignorantes non teríamos acceso nin a saber organizarnos nin a levar unha vida digna e santa.
PARA SER SABIOS E SANTOS CÓMPRE SER BOAS PERSOAS.
- As boas persoas fan canto máis ben poden.
- As boas persoas perdoan cando se senten ofendidas.
- Asboas persoas administran ben a súa vida persoal.
- As boas persoas dan bos exemplos.
- As boas persoas non se meten en líos.
- As boas persoas non xulgan.
- As boas persoas comprenden ós outros porque teñen empatía.
- As boas persoas teñen moita paciencia.
- As boas persoas coidan a súa saúde e a dos demais incluida a do medio ambiente no que viven.
- As boas persoas son caritativas.

¿AS BOAS PERSOAS: NACEN OU FANSE?
As boas persoas nacen e máis fanse.
Nacen con boas cualidades que lle dá o Creador; pero elas cultivan os valores necesarios para saber ser e saber estar.
Por eso é moito de agradecer cando vemos:
- Nenos que saben ceder o paso ou o asento a persoas con dificultades.
- Nenos que son respectuosos e cariñosos cos seus avós.
- Nenos que respectan ás persoas que teñen autoridade sobre eles.
- Pais de familia que seguen de cerca a conducta dos seus fillos nos estudios, na catequese, por onde queira que vaian.
- Familias que coidan ós seus maiores no fogar sempre que non llelo impiden causas de forza maior.
- Persoas que dan o mellor de sí nos seus respectivos postos.
- Persoas xenerosas e caritativas que axudan ós necesitados.
- Profesorado que ilumna cerebros para que poida dar o mellor de sí.
- Personal sanitario que se desvive por devolver a saúde ós doentes.
- Persoas que traballan para que o delincuente se reinserte na vida laboral e social.
- Persoas que fan compañía a outras que sofren soidade.
- Outras moitas...

¿CÓMO É O CAMPO DE ACCIÓN?
O campo de acción é moi amplo.
Todos debemos aspirar a ser sabios e santos.
Non hai límite de prazas.
O mundo está moi necesitado de persoas así.
Na actualidade prima moito a economía en detrimento doutros valores que nos poderían facer a vida máis levadeira e feliz.
Nos plans de estudio actuais priman os proxectos mirando de cara a industria; pero a vida é moito máis que producción económica.
Cómpre producir benestar a nivel global porque as persoas ademáis de necesidades económicas, tamén as temos afectivas e espirituais.
Cómpre recuperar a vida de familia porque é donde nos realizamos a nivel máis íntimo.
Tamén cómpre recupera-las boas relacións a nivel global.

DEBEMOS CULTIVAR A LEDICIA DE VIVIR.
Botándolle á vida:
- Unhas gotas de bo humor.
- Positividade porque a vida é un regalo para disfrutar.
- Moito cariño cos que nos acompañan no camiño da vida.

CÓMPRE BOTAR UNHA OLLADA PARA APRENDER
Se botamos unha ollada ós que nos precederon, veremos que hai persoas que deixan bos recordos e saen con frecuencia nas conversacións e alegran a vida.
Esas persoas son as nosas mestras.
De feito vivimos o ben que vivimos, grazas non só ó que traballamos nós, senón temén á herdanza desas persoas mestras.
Detrás de nós virán outros que continuarán o maravilloso labor de construir un mundo mellor.
Porque todos estamos chamados a construír humanidade.
Somos labregos da humanidade.

"LABREGOS DA HUMANIDADE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES