Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 11 de junio de 2024
Sobre asubíos

Semello o asubío que me filtro por entre os meus propios labios. Limpo, claro, agudo, ó estilo morriconeano con remate tarantiniano. A verdade é que agora xa non asubío como asubiaba. E non me refiro á calidade, á profesionalidade do asubío, senón que vou máis polo das veces que o facía e o fago, polo tempo que botaba asubiando.
De rapaz, cando máis forte e cando máis tempo botaba asubiando, era polo can, polo Uriarte. Despois, xa en menos ocasións, o asubío saía como chamada ós amigos Pingas de Orballoou mesmo á familia para saber en que finca ou leira andaban. Pasado o tempo, en Madrid, polos oitenta, cando máis asubiaba era nos días de néboa, ou cando levaba moito tempo paseando polas rúas. Unha vez preguntáronme se era galego. Si. É que os galegos asubiades moito. Os demais non sei, eu si.
Na Galicia profunda asubiaba máis cos dedos. Na capital do Imperio facíao cos beizos. Non era plan alterar a Gran Vía ou a Porta do Sol. No Medo e en Pinouzos é todo monte e, aquí, o asubío pode espallarse como queira. O único que pode asustar é ás pegas.
Na xuventude asubiaba cancións enteiras porque as sabía de memoria. Agora, precisamente cando a música me gusta máis ca nunca, non alcanzo nin unha estrofa, nin un retrouso. A memoria, coa idade, esvaece, practicamente é xa efémera. É tan efémera que non consigo lembrar o tema que levo xa meses asubiando, sabendo, iso si, que é de Morricone na versión dunha película de Tarantino.
Asubiar é bonito. Asubiar remexe os pulmóns e mestura latexos do que foi e do que é. Do que será... haberá que seguir asubiando. Marcho co Morricone e Tarantino filtrándose polos meus asubíos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES