Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os Irmandiños

martes, 21 de abril de 2009
Os meses de maio e xuño, un congreso itinerante, vai traernos a oportunidade de coñecer mellor un episodio histórico moi ligado á paisaxe, nunha das súas cimas máis sociais e revolucionarias. As loitas irmandiñas que noutrora asolaron a Chaira. Nas noites de luar, aínda asemella velos vagar e escoitar aturuxos de vitoria..., entre a follaxe espesa. Un tempo marcado por labregas/os que derrubaron castelos e fortalezas pola Chaira, a prol da liberdade. Nos mesmos eidos trillados polas cabalgaduras ao berro da revolución…, hogano, imos crear un tempo para a análise e a memoria. Construccións en pé, ou en ruínas, transmiten páxinas e pasaxes, protagonizadas por personaxes históricos ou por xente anónima. Non son testemuñas mudas, gardan segredos e novas que queremos desvelar en varias camiñadas: no Pino, á sombra de Caldaloba; en Vilalba, a carón da Torre dos Andrade; en Parga, lendo follas marelas polo paso do tempo… Son pegadas gravadas na nosa paisaxe, con letra de pedra. En varias semanas faremos camiños, que conservan no seu lombo o peso daquelas revoltas, ata achegarnos á Rota de Pardo de Cela, visitando as fortalezas do Mariscal, o sogro de Fernán Arias de Saavedra da Casa de Miraz-Friol, onde defenderon a soberanía do pobo contra o centralismo dos Reis Católicos. Mergullarémonos no amplo caudal da linguaxe, en varias vagas de creación: presentaremos un cómic e visualizaremos o vídeo “O Mariscal” de Ramón Cabanillas, representado polo Centro Dramático… E coa música de A Quenlla, viaxaremos na palabra de Manuel María: “foi século XV, a primavera…”. Mesmo imos estrear un CD coa interpretación deste drama: “Unha vez foi o trebón…”. O “Poeta da Terra Chá”, encomendara a Mini e Mero, a súa representación, despois de entregarlles nun Festival de Pardiñas unha copia do orixinal. E estamos nisto. Son 11 temas cantados que engrandecen a escrita, e o fito histórico. E con Miro Casabella volveremos a cantar: “Alonso Lanzós cabalga con dez mil homes/ irmaos contra a tirania, irmaos na morte/. Morreron onde se morren toxos e espiños:/ Ceibes agora/ no ceo folgan/ os irmandiños, os irmandiños./ Na Terra Chá, no Caurel. na Serra de Meira;/ nas noites craras de xuño, nas carballeiras,/ escóitanse como cantos de pelengrinos./ mais non son cantos./ que son os pasos/ dos irmandiños...”.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES