Cando un libro vale a inmortalidade
Santalla, Iago - miércoles, 12 de junio de 2024
O pasado 5 de xuño fixo 126 anos do nacemento de Federico García Lorca. Un poeta enorme roubado traxicamente polos fascistas do 36. Nalgún sitio lin que un tal Luís (que oxalá dea ben voltas polo inferno e non atope a saída) deu a nova dicindo "acabamos de matar a Federico García Lorca. Yo le metí dos tiros en el culo por maricón".
Desgraciadamente estas bestas bravas nunca foron castigadas. O castigo de Luís foi o esquecemento e o destino de Federico deleitar, xeración tras xeración, a milleiros de almas inquedas que transitan o mundo. Federico, alén dos vaivéns da historia, seguirá transitando por ela coa dignidade dun home de ben.
Asasinos e censores quizais nunca repararán, na súa efémera existencia, en que comen un pan roubado e que o único servizo útil que nos poden facer é abonar, coa súa fin, flores de liberdade porque un fusil xamais foi quen de torcer un verso.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora