Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (27)

Otero Canto, Xosé - viernes, 07 de junio de 2024
Como se fai para mirar unha vaca nunha feira antes de mercala.

1.3. Mirarlle "As Lurpias", tamén chamadas "Crecientes".

As lurpias están no pescozo, xunto das pernas dianteiras, ollando sempre que sexan iguais as dúas e sempre Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (27)que non sexan grandes.

Para mirarllas, hai que abrazala -hai que ver que cousas facían os nosos devanceiros, dándolle apertas ás vacas, non me estraña nada que soubesen tamén dos seus sentimentos e das súas inquedanzas e que houbese unha comuñón entre as vacas da casa e os homes e mulleres que as mantiñan, pois a vaca, na nosa Galiza, sempre foi o eixo sobre o que xiraba todo, o que chamariamos a "vacacracia", ou a vaca como centro vital da familia e da contorna-.

Diciamos que había que abrazala, abrazarlle o pescozo e coas dúas mans a un tempo apalparlle as dúas lurpias, posto que se as lurpias son grandes, é sinal de que a vaca é ou pode ser tuberculosa. Nunca poden ser desiguais as lurpias.

Se a unha vaca se lle ven as lurpias sen apalpalas, é mal síntoma e indícanos que a vaca é enferma.

(Continuará)

Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES