Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 06 de junio de 2024
Medalla ó valor

Díxome un dos que mandaban que me puxese detrás dunha toxeira e que lle disparase a todo o que se movese. Estamos en guerra e nas guerras hai que obedecer sempre. Como son soldado raso, non queda outra que facer o que me diga incluso un simple cabo. Tamén, todos os demais xefes, me dixeron que, nas guerras, hai que deixar que a conciencia durma unha boa sesta. Son soldado raso, pero non son parvo. Entendín a indirecta.
Pingas de OrballoE como son un mandado, eu marchei acubillarme detrás dunha toxeira. Unha toxeira bonita e ben feita, cunhas flores amarelas que mesmo facían brillar os ollos. Esperei a que aparece o inimigo. Non aparecía e, para máis aquel, semellaba que non tiña pinta de aparecer. Dígoo polo ruído. Non se oía unha mosca nin o ouleo dun lobo. Sabemos que nas guerras hai ruídos... tanques que corren, avións que soltan bombas, bombas que estouran, disparos que se escoitan, berros que doen, imaxes que mancan. Eu, en principio, paz, absoluta paz. Sinceramente, empecei a rezar para que a cousa seguira igual.
Á media hora ou así me escoitei roncando. Como o digo! E non sei se foi nun flash ou un sexto sentido o que me dixo que moi cerca de min pasaran as tropas inimigas. Aí a conciencia si que espertou da sesta. E endureceuse. Non me gusta ser mofa de ninguén; sabendo que tan axiña como os compañeiros se decataran do asunto, este sería o dixomedíxome de toda a guerra. Este fillo de miña nai pasaba a actuar.
Marchei correndo detrás das tropas inimigas e, silandeiramente, funos liquidando a fío de baioneta un a un. Como o digo! Sen conciencia ningunha. Unha guerra é unha guerra. Nunha guerra non se anda con lerias nin hai misericordia. Déronme unha medalla ó valor, sen saber que me durmira.

Nobelo Musical

Juan Pardo, na Charanga, pasaba por debaixo dun castiñeiro. Eu paso moitas veces por debaixo deles. Por aquí aínda temos bastantes máis que eucaliptos. Por agora. Tamén adoito poñerme á sombra dos amieiros, principalmente á beira do río Arnoia, que, ó seu paso por Baños de Molgas, hainos ás moreas. Por exemplo, o alto da Pitediña está cheo deles. Eucaliptos, que eu saiba, case se poden contar cos dedos dunha soa man. Por agora.
Pingas de OrballoÓ ritmo da Charanga baixaba rápido, case moi rápido, polo atallo. Facíao case correndo porque o sol apertaba e a calor era moita. Agora, co Lobo, de Fuxan os Ventos, xa estou máis sosegado, mesmo preparado para un ouleo. Porque estou á sombra. Á sombra dun toldo. Na estrada da Valenzá non hai nin castiñeiros, nin amieiros, nin eucaliptos. Si, na zona dos Carrís hai moito amieiro. É máis, sóame de que por alí hai un paseo que lle chaman Dos Amieiros. Por algo será.
Agora toca mover os pés, con forza, baixo a influencia de Jailhouse Rock, de Elvis Presley. E onde estea o rei do rock hai que moverse aínda que non se queira. Pola contra, ten a balada In The Ghetto que me deixa medio tarambaina. De gusto, claro. De emoción, por suposto.
Tamén danzo con ABBA impulsado polo seu Dancing Queen. Isto da música é coma un nobelo que te envolve e que non te abandona. Unhas veces con ritmo frenético e outras cos sentimentos rabuñando na alma. A música sempre amansou ás feras. E intenta endereitar ós tortos. Aínda que, a este respecto, comigo, teno algo cru. É igual; dentro da miña imperfección, onde estea unha boa música e uns frondosos e robustos castiñeiros...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES