Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Como unha semente

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 06 de junio de 2024
O ser humano ten a mesma función que unha semente.
Nace pequeniño e vai medrando para dar froito ó longo da súa estancia nesta vida terrenal.
Esta semente humana ten unha valía incalculable.
Ninguén pode creala a non ser esa forza invisible e superior a todo, que os cristiáns chamamos Deus.
Unha semente que se desenrola misteriosamente no ventre materno antes de ver a luz do día, do mesmo xeito que unha semente permanece baixo terra.
Cando chega a este mundo produce moita ledicia: É A VIDA MESMA QUE SAE Á LUZ.
Hai que mimala, hai que protexela, hai que alimentala, hai que darlle os principos básicos que serán os que outro día gobernen a súa vida.
Por eso A INFANCIA é tan importante na vida das persoas.
En tempos pasados as criaturiñas mamaban estes principios no propio fogar, no regazo dos diferentes membros da familia.
Hoxe en día as familias teñen que depender de especialistas que se ocupen desa tarefa e as criaturas aprenden a convivir con outras das súa mesma idade; pero esto no debe excluír a mirada atenta da familia.
Pouco e pouco aquela semente vai collendo autonomía e ingresa sen darse conta na ETAPA ADOLESCENTE onde os cambios son moitos e os coidados tamén deben selo.
Moitos adolescentes xa saben o que queren ser de maiores e vanse preparando para ser bos profesionais.
A semente xa empeza a coller xeito.
E nestas aparece A FLOR DA VIDA, A XUVENTUDE onde toca ir buscando un xeito de vida baseada nunha boa preparación académica, a incorporación á vida laboral e ademais un estado civil.
Nestes momentos a xuventude teno bastante difícil á hora de organizarse porque a vida está moi cara, a vivienda polas nubes e os soldos non dan para moito.
Sempre a vida foi difícil; pero noutros tempos vivíase con menos economía e máis humanidade.
Hoxe queren ter de todo e eso ten un prezo.
Pero A XUVENTUDE PODE CON TODO e tira para adiante: busca traballo, busca con quen compartir a súa vida e vaise organizando.
O malo de hoxe en día é a inestabilidade.
O que hoxe é, pode non ser mañá.
As xeracións anteriores facían plans de por vida.
Estabilidade tíñana, aínda que non era sen pagar un alto prezo de convivencia.
Aínda que o prezo era alto, máis ou menos funcionaba.
A xente aguantaba moito.
Tampouco non había moito onde elixir.
Antes, A MULLER: OU CASADA OU MONXA, como decía o meu avó.
Afortunadamente hoxe unha a muller ten autonomía económica que lle permite organizarse a súa propia vida como mellor lle pareza.
Estamos atendendo a un cambio importante para a vida familiar e para a vida social en xeral.
A vida está cambiando sempre.
Pero en calquera caso a semente vai medrando e chega a hora de dar froito.
Á hora de mellorar económicamente, apuntámonos todos.
Á hora de facer unha vida máis humana e cálida, non tantos.
Para que a semente cumpra a súa misión debe dar froitos.
No caso dos humanos non se trata só de froitos económicos.
A esperanza de vida ven aumentando nos últimos tempos; pero o relevo xeracional escasea.
Algo está fallando cando a pirámide poboacional se está invertindo.
Os plans de vida deben coller outro camiño.
O que está pasando é que "empachamos" ás criaturas de xoguetes e cousas materiais en detrimento dunha educación en valores:
sencillez, humildad, honradez, respecto, amabilidade, xenerosidade, paciencia, gratitude, sacrificio, abnegación, amor...
Tanto é así que moitos adolescentes síntense frustrados e acaban mal eles e máis as súas familias.
Os seres humanos vimos ó mundo para ser unha bendición, non para ser unha carga.
Estamos sendo escravos da materia.
Debemos aprender a vivir lixeiros de equipaxe.
Chegamos a esta vida potencialmente cargados de valores que temos que poñer a producir para que a nosa colleita sexa abundante.
Se poñemos en valor a bondade que levamos dentro e compartimos cos demais, os nosos froitos serán abundantes.
Dando é como se recibe.
Compartindo é como se crea a verdadeira riqueza.
Solidarizándonos creamos fraternidade.
E se creamos fraternidade, ninguén pasará necesidade.
Aprendamos dun grao de trigo que medra, multiplicase en progresión xeométrica e alimenta a moitos.
A natureza dános leccións moi sabias.
Nós tamén somos natureza.
Sexamos sabios.
Non soamente sabios, tamén santos porque a santidade está ó alcance de todos.
Precisamos persoas sabias e santas.

"PERSOAS SABIAS E SANTAS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES