Hai a quen lle sobra a liberdade (dos outros)
Santalla, Iago - miércoles, 05 de junio de 2024
Esta semana saíu nas noticias un humorista que nun espectáculo parece ser que se meteu cunha persoa e espertou dela unha agresión. Non sei moito máis da historia. So a utilizo como punta de lanza para falar novamente da liberdade de expresión e do absurdo que é crear clubs de "ofendidiños". Sobre todo, cando despois, no congreso, escoitamos de todo menos educación e eles si teñen impunidade total. Aínda bo é que non se pega.
O caso é que creo que a liberdade de expresión non pode ter límites e menos no humor. Sabemos que hai moitos tipos de humor e que a cousa vai por cores. Antes de ir a un espectáculo, a persoa debe saber a que vai e se non o sabe, ten dúas opcións: calar ou marchar. O que non é lícito é a violencia.
O que pasa é que a quen lle sobra a liberdade, acostuma ter unha idea elástica da violencia que lle permite xustificala no lombo dos outros...
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora