Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O 22 de xuño, Xuntanza da Pastoral Penitenciaria

Campo Freire, Xaquín - domingo, 02 de junio de 2024
Unha convidada que che ha interesar.

Hai moitos anos tiven a oportunidade de visitar a un amigo benquerido que por unha equivocación na vida tivo de ir ao cárcere.

E tamén puiden visitar o penal por dentro. E desde daquela vou semanalmente ao cárcere de Teixeiro. Cada vez máis temos alí aos nosos rapaciños e tamén os anciáns. Podemos facer algo.

Este problema píllanos moi de cerca. Calquera de nós ou alguén dos nosos podemos ir parar alí. As nosas barriadas, o fracaso escolar, a falta de seguimento sanitario adecuado, as diversas pobrezas, os nenos e adolescentes atrapados por unha droga crecente, etc. Podemos facer algo.

No cárcere están os pobres. Os nosos pobres. Os máis pobres. Máis dun corenta por cento teñen problemas de tipo psiquiátrico que non foron diagnosticados nin tratados a tempo e o cárcere só agrava a situación. É o cárcere o lugar adecuado? Son delincuentes ou enfermos? Podemos facer algo.

I XORNADA-CONVIVENCIA DE PASTORAL PENITENCIARIA DE MONDOÑEDO-FERROL
LOCAIS PARROQUIAIS S. PAULO DE CATABOIS-FERROL (VIVENDAS SINDICAIS).
PERTIÑO DO HOSPITAL DA SEGURIDADE SOCIAL.

Queres vir?. Contamos coa túa presenza: Mira o cartaz
O 22 de xuño, Xuntanza da Pastoral Penitenciaria
Ven. Comeremos xuntos. Compartiremos o que levemos como fan as familias que van visitar aos seus ao cárcere. Son pobres. Podemos facer algo.

Como foi variando este fenómeno na historia ata chegar a aberracións humanas que se veñen usando xa desde hai tempo? Esta noticia é frecuente nos medios. (elDiario.es Galicia.- 26 de septiembre de 2023). Entra en Google. Mira as fotos. A que mundo imos?

"Frente a la costa de Fisterra (A Coruña) está desde el pasado domingo un enorme barco que está transportando dos estructuras de gran tamaño hacia Ámsterdam. Son dos edificios flotantes preparados para que vivan en ellas casi 1.000 personas. Una plataforma muy parecida de la misma empresa es la que Reino Unido atracó en la costa sur del país este verano para enviar allí a centenares de solicitantes de asilo y retenerlos mientras esperan solicitud, motivo por el que ha sido descrita como una prisión flotante. La mole resulta llamativa en su refugio en la ría de Corcubión, en donde pidió permiso para fondear ante la previsión de mal tiempo. Está a la espera de que las condiciones en el mar mejoren para cruzar el Canal de la Mancha".

"Tratade aos presos como se vós mesmos estiverdes presos con eles Doédevos da propia carne" (Heb 13,3).

No nome da Delegación e do grupo de Voluntariado, unha aperta garimosa. Ven!
Campo Freire, Xaquín
Campo Freire, Xaquín


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES