Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (26)

Otero Canto, Xosé - viernes, 31 de mayo de 2024
Como se fai para mirar unha vaca nunha feira antes de mercala

1.2. O Rexistro
En que consiste O Rexistro Da Vaca?
O rexistro consiste en mirarlle á vaca o ubre e os tetos. A vaca ten catro tetos e vaise mirando ou rexistrando un por un dúas ou tres veces, por se está inxectada con leite e ademais para saber se dá leite ou se é seca.
Menciñeiros, capadores e albeites. Vacas, feiras, tratantes e moinantes (26)
Para inxectar os tetos metéselle unha palliña da corte no furado do teto e dentro da palliña méteselle unha agulla cunha xiringa chea de costros ou do pouco leite que ela dera, inxectáselle e sácaselle a palla para que semelle dos catro tetos iguales,
Como se descobre a trampa por parte do comprador? Moi sinxelo, facendo ao revés, é dicir, tirándolle dos tetos dúas ou tres veces por cada teto e se non está inxectada segue dando leite, en caso contrario, non.

Unha vaca pode estar seca dun teto, de dous ou de tres, mais nunca é seca dos catro.
As vacas poden ser:
a) De leite
b) Preñadas. As preñadas non dan leite, pero costrean, é dicir, dán un líquido transparente propio das vacas preñadas chamado costro.
c) Marondas, cando non empreñan.
As vacas de leite poden ser sen cría ou con cría. Tirándolle dos tetos sábese tamén se unha vaca é ou non é falsa; isto é, que dá patadas, e por iso pódelle tirar co canado ao que estea muxindo a vaca.

Os paisanos que querían vender a vaca, deixábana sen muxir a noite anterior á feira para que repocharan e fixeran máis grande o ubre e, desta maneira, aparentar máis leiteira, facéndolle ao mesmo tempo un mellor corpo.

Outros mirábanlle, tamén, se tiña as veas abultadas pensando que isto era sinal de dar moito leite, por iso a estas veas tamén se lles chamaba "as fontes".

Sabíase se estaban repochadas, tirándolles da pel por tras do ubre, se estaba frouxa a pel indicaba que aínda lles cabía máis repocho, o que quere dicir que as que non lles estiraba a pel, non lles cabía máis repocho e era sinal de que o labrego a repochara.
(Continuará)


Texto: Xosé Otero Canto
Ilustracións: María Guerrero
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES