Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Olimpia Pérez Gómez, poetisa centenaria

Niñe, Antón - lunes, 03 de junio de 2024
Olimpia Pérez Gómez naceu o 30 de maio de 1924, ven de facer 100 anos, en Canillas de Río Tuerto, un pobo da comarca da Rioxa Alta, a 40 quilómetro de Logroño, con pouco máis de 50 habitantes. Olimpia Pérez Gómez, poetisa centenaria Seus pais eran Manuel Pérez Domínguez, médico de Asistencia Pública Domiciliaria (médico rural), e Abelarda Gómez. Quedou orfa de nai moi nova.

Entre os seus poemas, hai un titulado A CANILLAS, onde fai un percorrido por diversos lugares da Rioxa, louvando os tesouros que garda aquela terra:

Mi tierra de la Rioja / es cual cogollo de oro / que en su trigales se aloja / su recóndito tesoro. / En BERCEO se expandió / con MILLÁN la poesía / y el misticismo fluyó / con gérmenes de armonía. / En CAÑAS lo comprobé / que entre rezos y sonrisas / a DOÑA URRACA besé / elevada a sus cornisas. / Mis padres fueron felices / en esta RUTA DIVINA / y yo adoro estas raíces / que por mi sangre germina.

Debido á profesión do pai, tiveron que cambiar de domicilio varias veces. No ano 1928 (Olimpia tiña 4 anos) trasládanse a Fene. Nesta comarca dos arredores de Ferrol pasa a súa infancia. Segundo a correspondencia consultada, a nena sentíase feliz. Tamén ten poemas dedicados a Fene que revelan lugares e momentos ledos.

A FENE CAS MIÑAS LEMBRANZAS DE NENA
Xamais poderei esquecer / as túas corredoiriñas / mentras me vías crecer / chea de mainas morriñas. / Xa de nena presentía / que te había de deixar / e con meu pai percorría / teus vieiros sen parar, / Tiñas chispa e alegría / e ¿as funcións de teatro / que acordarei mentras viva / pasando do ano catro? / Pertiña nun corrunchiño / do meu Fene moi amado / morrer quixera algún día / por habelo abandoado.

O doutor Pérez deixa Fene no ano 1938 para trasladarse a Vega de Valcárce, na provincia de León. Son anos difíciles, cunha Guerra Civil que dividiu a sociedade española. A familia vai estar nesta vila 3 anos, ata 1941, coincidindo co final do enfrontamento armado.

Chega a Foz en 1941 cando tiña 17 anos. Cursa estudos na cidade de A Coruña e no ano 1943 aproba a oposición de Técnico Administrativo no Concello de Foz,onde traballa durante 42 anos, tendo ao seu cargo todo o relacionado co Turismo, labor que desenvolveu con verdadeira ilusión.

A súa casa estaba situada ao lado da Reitoral - Congostra do Cura -, logo pasaría a vivir no edificio de Campos -O Mantido-, ao lado do porto e, por último, mercou un piso na Avda. Da Mariña.Con Olimpia vivía seu pai, súa irmá Juanita, e unha tía, Marina. Na casa impartía clases particulares de cultura xeral, Mecanografía, Taquigrafía e Idiomas.

Entre os escritos que conservamos, fala dos primeiros tempos de Foz onde di: "Debo confesar que mi arribada a Foz me contrarió y los primeros tiempos lo acogí con hostilidad - la garza que había en mi quería volar alto, más alto y Dios dijo: ¡NO, AQUÍ! Y comprendiéndolo con humildad franciscana rocé con mis labios el etéreo manto de tul de estos glauces parajes y fuí la primera que me incrusté, como una anémona más, a las rocas del Prado de Ramos".

Gustáballe moito viaxar e coñecer mundo. Percorreu distintos lugares de España e de fóra das nosas fronteiras, Exipto, Grecia, Turquía... traendo na memoria trazos históricos e culturais que logo plasmou nos seus versos. Con raíces en Cuba, tivo amizade con Melva Diéguez, muller que morreu nun accidente nas Bermudas, e con MarieldaÁlvarez, escritora arxentina con raíces en Cangas de Foz. Trabou amizade con poetas, pintores, músicos, diplomáticos, médicos, relixiosos... podemos citar, entre outros, César Michelena, Dionisio Gamallo, Ignacio Rived, Félix Canoura, Mariano Turiel, Mariano Roldán...

Escribía sen ánimo de lucro e a súa poesía desprende unha sensibilidade cara os máis necesitados. Era unha persoa relixiosa, debido ao seu traballo, coñecía e trataba a moita xente, facéndoa unha muller solidaria. Nunha das nosas conversas dicía que o seu obxectivo era "axudar á xente marxinada facendo o ben a través da espiritualidade".

En 1961 Foz estreaba a Biblioteca Municipal. No acto inaugural recitou unha poesía que remataba así: "Estrenaste Biblioteca / ¿Te das cuenta Foz amado? / Culto serás e ilustrado / y nutrirás al atleta / Y al niño con savia pura; / y el artista gozará / ¡Por fin! Con paz celestial / las mieles de su finura"...

Colaborou con moitas iniciativas culturais da vila, con escritos en libros e revistas das festas. A súa obra será máis coñecida nos anos 60 a través da revista "A Rapadoira". Os seus poemas tamén tiveron acollida en revistas nacionais e internacionais como: "Zenith" -Revista literaria internacional (Membro de honor desta revista creada en Costa Rica en 1958)-; "Ecos de España" -La Habana-; "La Gaceta Médica", sendo a única muller á que lle deron entrada nesta revista fundada en 1926; "La Rambla" -Vilanova i la Geltrú-. En 1964 foi nomeada Delegada de la "Familia Amor" en Lugo, unha familia de orixe mexicana que axuda espiritualmente a persoas necesitadas.

Era unha fervente seguidora de Juan Ramón Jimenez, encontrándose na súa correspondencia varias cartas do Director da Casa-Museo da Cultura "JUAN RAMÓN JIMENEZ" de Moguer (Huelva). Nos seus versos tamén encontramos referencias a poetas universais.

Foz e as súas xentes, dun xeito particular os mariñeiros e o mundo do mar, foron motivo de inspiración. O seu libro "Foz en el recuerdo" é o rico legado que esta poetisa nos deixou. Un canto de agarimo e amor á nosa terra e á veciñanza (aquí estoy, con todo mi bagaje lírico donde comprobaréis lo mucho que quise y quiero a esta tierra, no de nacimiento pero sí de adopción -Entrada do libro-).

Entre os poemas temos que nomear o "Alalá de Foz do Masma" que musicou o compositor Félix Canoura Ramos, oriundo de San Acisclo. Segundo Olimpia, "Fue germinando en mi mente, hechizada como estaba de las bellezas naturales de FOZ y sus alrededores, reflejar en una canción, para las generaciones futuras... sugerí mi deseo de hacer una canción popular y eterna para FOZ, pues aquí transcurrieron los mejores años de mi juventud y que yo quise dejar perpetuado, quedando fraguado con el estilo de mi estro incipiente lo que ya denominamos "Alalá de Foz do Masma" que es el primitivo nombre de nuestra Villa". Outros temas son os personaxes populares, as festas do San Lourenzo e da Virxe do Carme, o Asilo de Anciáns, o naufraxio do "Jesús Nazareno"...

A maior parte da súa obra está escrita en castelán, pero tamén escribiu en galego. Entre os seus papeis e libros encontramos un particular dicionario galego-castelán, escrito a man coas palabras máis usuais do noso entorno, todo un xesto de respecto pola nosa lingua! Nunha poesía dedicada ao seu amigo Sr. Castiñeiras, "o vello lobo de mar" di: "Quero morrer, ¡Si! Con galanura / dicindo que de FOZ son mariñeira / e entre os homes do mar, falangueira / aprendín as cousas máis profundas / que do mundo se poden aprender (...) Eu en paz e ledicia hoxe en FOZ vivo / porque sempre en DEUS latexei e El comigo. / E porque quero moito a FOZ / -aínda que lonxe voe- / sempre volta a renderlle a esta terra unha oración / porque nela, espidiño o corazón, / dinllo TODO: XUVENTUDE, / SANGUE, BÁGOAS / E OS MEUS SOÑOS..."

Aínda que tivo varios "noivos", Olimpia nunca casou. Os últimos anos estaba envolta nunha forte soidade e o único familiar que tiña cerca estaba en Narón, por iso dende febreiro do ano 2011 trasladouse a vivir alí. Logo acabou os seus días nunha residencia da terceira idade, onde morreu o 7 de maio de 2021.

Este é un pequeno recordo dunha muller, que hoxe sería centenaria, e que sempre levou e cantou a Foz dende o corazón. Grazas, Olimpia, e Descansa en Paz.

Antón Niñe Fernández, 30 de maio de 2024.
Niñe, Antón
Niñe, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES