Tempos de Crise
Fernández, Suso - jueves, 16 de abril de 2009
Sucedeu en Estados Unidos. Érase unha vez un cidadán que vivía a caron dunha estrada, onde vendía bocadillos. Era xordo e, por tanto, non escoitaba a radio. Non vía moi ben e, en consecuencia, non lía os periódicos. Pero, eso sí, vendía bós bocadillos.
Arrendou un trozo de terreo, instalou un gran letreiro nel e pregoaba a súa mercaduría berrando a todo pulmón: ¡merque deliciosos bocadillos quentes! E a xente compraba.
Aumentou a súas previsións de pan e carne. Incrementou o espacio arrendado para atender mellor á clientela e, tanto traballo tiña que mandou chamar ó fillo para que regresara da Universidade, onde estudaba cencias mercantís, e lle axudara.
Pero entón ocurriu algo importante. O seu fillo díxolle:.
- Papá, ¿non escoitas a radio nin les os xornáis? Estamos atravesando unha gran crise. A situación está francamente mal, non podería estar peor.
O pai pensou: O meu fillo estuda na Universidade. Le os xornáis e escoita a radio. Debe saber de qué se fala.
Así que comprou menos pan e menos carne, desmontou o letreiro, prescindiu de parte do terreo arrendado para eliminar gastos e xa non pregoaba os bocadillos. E nesta situación as ventas disminuiron de día en día.
- Tiñas razón, papá, lle dixo o rapaz; verdadeiramente estamos atravesando unha gran crise.
-----------------
Este artigo que transcribimos foi publicado por un xornal de Nova Iork o 20 de outubro de 1987, uns días despois de que a súpeta caída da bolsa da cidade dos rañaceos fixese tremer os cimentos de toda a economía norteamericana.
A sentencia é clara, di o autor do comentario: ante o pesimismo xeralizado non se pode caer na trampa do desánimo colectivo.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora